29/4/16

O RESTAURANTE FARRUCO- obra de teatro representada por nenos e nenas de 5º de primaria

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria puxeron o broche final ao Mes dos Libros cunha representación da obra "O restaurante Farruco" de Chus Pereiro. Todos no centro disfrutamos desta fantástica actuación duns verdadeiros artistas. Noraboa a todos os nenos e nenas de 5º!

27/4/16

MINI E MERO CANTÁRONNOS A MANUEL MARÍA

Onte tivemos a visita de Mini e Mero, dúo de cantautores e mestres da Terra Chá.
Membros históricos do grupo Fuxan os Ventos e membros do grupo  A Quenlla.
No colexio cantaron cancións do libro de Manuel María "Os soños na gaiola" que foron coreadas polos nenos e nenas. Tamén nos contaron historias e remataron coa emblemática canción "O carro".

26/4/16

VIDEO DA EXPOSICIÓN "Palabras nosas"

Este é unha pequena mostra dos estupendos e creativos traballos feitos polos alumnos/as e as súas familias. Aínda estamos a recibir máis traballos para a exposición... animádevos! Podedes ver a exposición no colexio... estamos esperando!

Palabras nosas from MisisRoller on Vimeo.

25/4/16

RECITADO DO POEMA "A FALA" POLOS NENOS E NENAS DO COLEXIO

Este é unha parte do poema "A fala" de Manuel María no que se está inspirado o proxecto "Palabras nosas".
 No recitado deste poema colaboraron nenos e nenas dende 3 anos ata 6º curso de primaria (Julia, Lola, Arale, David, Victor, Tania, Marcos, Sophia, Hugo, Ana, Eduardo, Iris, Elena) e Maggie, a auxiliar de conversa do cole.
 Podedes ver a exposición "Palabras nosas" no colexio ata o 9 de maio, data na que levaremos os traballos ata o Teatro Pastor Díaz de Viveiro para a gran exposición conxunta dos centros integrantes da Microrrede da Mariña.

 Grazas a tod@s por esta colaboración.

24/4/16

ACTUACIÓN DE MAXIA

O venres tivemos a visita dos magos Jorge e Kiko Carrolo da asociación de magos AMAM que deleitaron coa súa actuación aos nenos e nenas do colexio con motivo do Mes da Maxia na Mariña.
Este espectáculo  entra dentro das actividades desenvolvidas no proxecto da biblioteca deste curso sobre "Os seres fantásticos" e ademais para conmemorar o Mes dos Libros dunha maneira "máxica".


21/4/16

PALABRAS NOSAS-EXPOSICIÓN NO COLEXIO

Estamos en pleno Mes dos Libros poñendo en marcha diferentes actividades para os nenos e nenas do colexio.
Ademais temos montada a exposición sobre o proxecto deste curso que levamos a cabo xunto cos centros educativos integrantes da Microrrede da Mariña. O proxecto no centro leva o título de "Palabras nosas" e son numerosas as familias que están a colaborar. Os traballos son moi variados e creativos. Grazas a todos pola vosa colaboración!
Aquí temos algunha foto da exposición... menudos artistas!!





17/4/16

DIA MUNDIAL DO LIBRO

"Os libros son para valentes" Pedro Feijoo

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas..."




IV CENTENARIO DA MORTE DE  Miguel de Cervantes.


No noso colexio imos rendirlle unha homenaxe a Cervante cunha "Busca do tesouro" e unha representación teatral polos alumnos e alumnos de 5º curso de primaria.

5/4/16

OS SOÑOS DE MANUEL MARIA, novo proxecto da MICRORREDE DA MARIÑA

Os centros educativos integrantes da  Microrrede da Mariña xa estamos a traballar no proxecto  deste curso "Os soños de Manuel María" para homenaxear a este intelectual da nosa provincia e  para fomentar o gusto pola lectura e o traballo coas familias.
Este ano as familias dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas escollerán unha palabra que lles guste ou teña un significado especial  e realizarán unha obra plástica a modo de ilustración dela.
Temos  o placer de contar este ano con tres novos centros na Microrrede: o CEIP de O Vicedo, o IES Perdouro de Burela e o IES Illa de Sarón de Xove polo que ... xa somos 12 centros educativos!

Podedes ver todos os proxectos da Microrrede no enlace: microrredeamarina.blogspot.com


As familias que o desexen poden pedir o material necesario no centro para realizar o traballo.
Tamén poden pedilo por correo electrónico a:
microrredemarina@gmail.com

RECURSOS SOBRE MANUEL MARIA





Casa-museo Manuel María

O bigote de Mimí (unidade didáctica)

O bigote de Mimí (Montessori)


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 DE ABRIL)

Celebramos o Día do libro infantil cun agasallo dun marcapáxinas para cada neno/a. O marcapáxinas ten o debuxo de Lolo para que os nenos e nenas colorearon e levaron para a casa.






http://www.galix.org/

http://www.galix.org/2016/03/xvii-salon-do-libro-infantil-e-xuvenil.html