Puidemos desfilar cós nosos Botóns Covasmola e ao chegar ao Parque Pernas Peón interpretamos a Alpuxarrada 2023 "Botóns Covasmola".

CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Puidemos desfilar cós nosos Botóns Covasmola e ao chegar ao Parque Pernas Peón interpretamos a Alpuxarrada 2023 "Botóns Covasmola".

Aproveitando que estamos a piques de que comece o entroido, o alumnado de 1° e 2° de Primaria no contexto lingüístico recitou refráns típicos destas datas usando o Croma e algún outro complemento.
Ademais, investigaron sobre personaxes típicas desta festa, facendo uso do libro das Bolechas sobre o Entroido.
Presentámovos a nosa Alpuxarrada 2023 "Botóns Covasmola"!!!!!!
Interpretarémola mañá no parque Pernas Peón despois do desfile.
Bótadelle un olliño e mañá cantade con nós!!!!!!

