Mostrando entradas con la etiqueta xogos populares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos populares. Mostrar todas las entradas

14/11/23

MAGOSTO 2023

Este ano celebrámolo Magosto dun xeito curioso. Como o tempo non nos acompañou organizamos uns xogos dentro do cole e degustamos as castañas nas aulas para seguir mantendo a celebración.

Pasámolo en grande!!!!



Na activación bailamos Vive o Magosto no patio cuberto!!!



12/11/19

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

O día 11 celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
A semana anterior realizamos obradoiros nos que os nosos alumnos prepararon, con material de refugallo, os recipientes para as castañas.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas  que nos asaron na panadería e Covas, agás unhas poucas que asou Leti nun bombo, de xeito tradicional.
Os alumnos e alumnas de 6º axudaron á hora de repartir e  pelar as castañas aos máis pequenos e, como non, exerceron de monitores nos xogos populares.Xogamos á corda, goma, chapas, zancos, rá, chave, peón, mariola, guiar o aro e pescamos castañas.
Tamén disfrutamos dunha exhibición de auténticos especialistas co peón e dunha exposición de peóns decorados.



20/11/17

MAGOSTO, DÍA DO PEÓN E XOGOS POPULARES

Magosto.Dia do peón.Xogos populares from Bibliocovas on Vimeo.
Canción "Vive o Magosto" composta por José Manuel López Cabana

O día 13 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón (exposición de peóns decorados). Como en anos anteriores os nenos/as trouxeron unha presa de castañas que nos asaron na panadería da localidade (Panadería Covas). Tamén degustamos unhas castañas asadas á maneira tradicional pola nosa conserxe. Previamente os nenos e nenas fixeran uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo (envases de leite).
 Canto nos souperon! 
  Cando as rematamos, todos xuntos bailamos a canción Vive o Magosto e disfrutamos de XOGOS POPULARES por estacións (corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guialo aro...). Agradecemos a axuda dos nenos e nenas de 6º de primaria que contribuiron a que a actividade fora un éxito repartindo as castañas, axudando aos máis pequeniños a pelalas e exercendo de monitores nos xogos ensinando aos demais como xogar e coidando de que todos o pasaran ben.

16/11/16

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN

O día 11 de novembro celebramos o Día do Peón e o Magosto. Os nenos e nenas do centro comimos as castañas asadas pola panadería da localidade (Panadería Covas) e tamén nun asador tradicional pola nosa conserxe Leticia.
Estaban boísimas!

A continuación viñeron os Xogos Populares por estacións (rá, zancos, peóns, corro da pataca, mariola, xogos de mans, corda, goma) nos que participamos todos os nenos e nenas do colexio. Os alumnos/as de 6º de primaria exerceron de monitores tanto nos xogos como axudando aos máis pequeniños a pelar as castañas.

Tivemos exhibición de auténticos profesionais bailando o peón e unha exposición de peóns decorados xunto co Manifesto do Peón escrito por Xabier P. Docampo.

15/11/15

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

O día 11 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón. Todos os nenos e nenas trouxeron castañas das casas e levámolas asar á Panadería de Covas.
 O ex-conserxe Xusto asou algunhas polo método tradicional.
 Os nenos/as de 6º de primaria repartiron as castañas aos compañeiros e comímolas todas.
 Estaban boísimas! 
Despois disfrutamos cos xogos populares coa axuda do alumnado de 6º que exerceron de monitores. Eles ensinaban aos demais nenos e nenas como xogar e coidaban de que todos o pasaran ben. Xogamos á rá, aos zancos, á chave, a mariola, corda, goma, aros... e como non podía faltar o peón. Margaret, a auxiliar de conversa,pasouno moi ben e fixo moitas preguntas sobre esta festa tan tradicional en Galicia.