INICIACIÓN AO MANGA
Botádelle unha ollada a esta presentación que fixeron na biblioteca escolar do CEIP Nosa Señora de Xuvencos para os apaixonadas deste tipo de cómics.
Ten todo tipo de información dende a orixe do manga ata como se debe ler. Moi interesante!!
Grazas por compartir!!!
26/1/19
14/1/19
GÚSTANOS LER... E QUE? OS NENOS/AS RECOMENDAN...
GÚSTANOS LER... E QUE? from bibliocovas on Vimeo.
Esta nena é Icía de 4º de primaria, unha lectora voraz que nos recomenda...
Esta nena é Icía de 4º de primaria, unha lectora voraz que nos recomenda...
13/1/19
OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO
O obxectivo deste recurso é favorecer a ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE, un concepto que amplia e actualiza o termo da lectura tal e como se entendía ata o momento.
A Alfabetización Múltiple defínese como a "comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica para adquirir as competencias clave, competencia dixital e as competencias para a vida.
A biblioteca como centro de recursos transfórmase nun "laboratorio creativo de aprendizaxes". A posta en marcha dunha emisora de radio proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento de competencias clave a través de tarefas complexas que involucran certas habilidades e destrezas, permitindo o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas.
Entendemos a radio como unha ferramenta moi versatil como o demostra este obradoiro de radio que impartiron os membros de PONTE NAS ONDAS, Damián e Xerardo ao alumnado de 5º de Educación Primaria.
ENLACES
PONTE NAS ONDAS
ESCOLA NAS ONDAS
9/1/19
CALENDARIO DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS SOBRE VIVEIRO
Para comezar o noso Proxecto Documental Integrado (Coñecendo Viveiro), durante o primeiro trimestre visitamos diferentes lugares de interese do concello, centrándonos na parte paisaxistica e elaboramos este calendario no que cada mes está adicado a un sitio representativo de Viveiro. Participaron todos os nenos e nenas do centro.
Cada familia foi agasallada cun exemplar que levaron o último día de clase antes de Nadal.
Cada familia foi agasallada cun exemplar que levaron o último día de clase antes de Nadal.
Esperamos que vos guste!
6/1/19
ADOPTAMOS UN LIBRO
Os nenos e nenas do colexio participaron na campaña da biblioteca "Adoptamos un libro". O obxectivo era darlle unha nova vida aos libros que expurgamos por falta de espazo na biblioteca.
Todos os alumnos/as escolleron un libro que levaron para as súas casas para disfrutar da lectura e un marcapáxinas de agasallo.
ADOPTA O TEU LIBRO E FAI QUE A SÚA HISTORIA SIGA VIVA
Todos os alumnos/as escolleron un libro que levaron para as súas casas para disfrutar da lectura e un marcapáxinas de agasallo.
ADOPTA O TEU LIBRO E FAI QUE A SÚA HISTORIA SIGA VIVA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)