Mostrando entradas con la etiqueta ciencia en galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia en galego. Mostrar todas las entradas

11/11/21

"O espazo"

 "O espazo" é o proxecto que en Educación Infantil elixiron para festexar o mes da ciencia en galego. Traballaron a teoría do Big Bang e fixeron a súa representación plástica. Mirade mirade ....



Quixeron tamén que o espazo lles dera a benvida todos os días no corredor.


O noso cohete "Covasmola" foi o encargado de guiar a viaxe por todos estas novas aprendizaxes.



E sempre presentes e moi necesarios os libros e xogos que nos axudan a aprender tantas cousiñas interesantes sobre o espazo.




5/11/21

Despega o mes da Ciencia en galego!!!!!

O mes de novembro é o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas e a bibliocovas non ía ser menos. Así que ... subimos ao cohete e despegamos a unha nova aventura!!!!!

4/11/14

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
http://www.xunta.es/linguagalega/mes_da_ciencia_en_galego