Mostrando entradas con la etiqueta préstamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta préstamos. Mostrar todas las entradas

1/4/12

PRÉSTAMOS A INFANTIL



Os membros do EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA están a facer os préstamos en INFANTIL.
 Os nenos e nenas van á biblioteca cos seus carnés e a bolsa azul na que levan un libro para a casa. Os demais grupos de colaboradores comezarán cos préstamos durante o terceiro trimestre.
Todos os pequenos estaban moi contentos coas súas bolsas e os maiores felices con esta nova tarefa.



6/11/09

PRÉSTAMOS USANDO MEIGA

Xa estamos facendo os préstamos da biblioteca a través do programa Meiga.
Polo momento fanno as profesoras pero todos os nenos e nenas están desexando utilizar o lector de código de barras...
Tamén fixemos unha actividade de formación de usuarios para o profesorado do colexio sobre a consulta OPAC (consulta de catálogos na rede).