30/10/15

LOLO É...


Lolo é... - Kizoa Movie Maker
Estes son os debuxos que fixeron os nenos e nenas pequenos sobre Lolo, a nosa mascota da biblioteca. Lolo está moi contento polos debuxos e polas historias que inventaron os nenos e nenas do colexio.
Agora está a preparar os libros para o Halloween e o Samaín.

29/10/15

A MICRORREDE DA MARIÑA NO CONGRESO CIBES 2015


Do 26 ao 28 de outubro tivo lugar na universidade Carlos III de Getafe en Madrid o 1° Congreso Iberoaméricano de Bibliotecas Escolares CIBES 2015.
A Mariña estivo representada co proxecto "MICRORREDE DA MARIÑA: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura".
Este proxecto vai polo seu quinto ano e nel están integradas as bibliotecas escolares dos centros: EEI San Roque, CEIP de Cervo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, CEP Lois Tobío de Viveiro, CEIP Plurilingüe de Covas, IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte de Viveiro.
Os traballos dos escolares coas familias son os protagonistas do proxecto e o obxectivo principal o fomento do hábito lector do alumnado.
Con todos os traballos realízase unha exposición colectiva no concello de Viveiro na semana das Letras galegas.
 Durante esa semana hai  actividades dinamizadoras participando alumnado, profesorado e familias dos centros integrantes da microrrede.

24/10/15

DÍA DA BIBLIOTECA


Dia da biblioteca 2015 - Kizoa Movie Maker
Onte celebramos o Día da Biblioteca. O protagonista foi Lolo, a nosa mascota, xa que todos os nenos e nenas lle fixeron historias,  un gran mural, contos, debuxos e poesías.
Lolo estivo presidindo o acto e agasallou a todos os alumnos e alumnas con marcapáxinas para a hora de ler.
Ademais para os alumnos/as novos e os pequeniños de 3 anos regaloulles un pin.
Tamén presentamos os libros cos traballos sobre "O refraneiro de Cervo a Viveiro" que fixeron os nenos e nenas durante o curso pasado.

18/10/15

OBRADOIRO DE RAP

Os días 15 e 16 de outubro Iñaki visitou o noso colexio, concretamente as clases de 4º e 6º de primaria para  ensinarnos a compoñer un RAP.
Pero ... Sabedes o significado da palabra RAP? Significa "ritmo e poesía".
Foi doado entender eso... e despois escoitamos e interpretamos algunhas das cancións máis coñecidas dos grupos de moda (Calle 13 e Mala Rodríguez) que se adican a traballar e a expresar con este tipo de música.
Máis adiante e seguindo unha guía de preguntas- resposta buscando a rima e o sentido ao que ía pasando polas nosas cabezas, conseguimos crear algo parecido a un RAP ( aínda que chamalo RAP de primeiras parécenos moi atrevido...).
Por último rapeamos, apoiados por unha base rítmica, as nosas creacións. Algúns fixéronno en grupo, pero houbo un bo número de valentes, que non dubidaron en facelo individualmente.
Moitas grazas Iñaki por amosarnos unha actividade divertida que nos invita a crear e a disfrutar.

14/10/15

IMOS Á BIBLIOTECA COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

 Os nenos e nenas de 3 anos estiveron na biblioteca do centro. Foron recibidos por Lolo, a mascota, que os levou á zona de Infantil onde teñen un sofá e un sillón de cor vermella. Colleron libros que leron na aula con Luisa e fixeron unha ficha sobre a biblioteca. Cando remataron de ler eses libros foron cambialos por outros que levaron á clase.

13/10/15

O MUNDO DAS ABELLAS

Tivemos a visita duns apicultores que nos presentaron o mundo das abellas. Vimos un video de debuxos e unha película para coñecer mellor como facían o mel, poñían os ovos, como vivía a raíña e visitaban as flores. Despois ensináronnos o traxe que se poñen e explicáronnos para que é. Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas que responderon encantados.

10/10/15

TEMPO DE CABAZAS

Vaise achegando o Magosto e o noso horto está cheíño de cabazas xigantes.
Non nos resistimos a facer estas fotos das cabazas cos nenos e nenas de 3 anos.


VIII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Xa está a traballar durante os recreos o " VIII Equipo de colaborador@s da biblioteca".
Está dividido en 5 equipos, un para cada día, que van á biblioteca do centro para axudar na organización e funcionamento.
Despois de firmar un contrato de colaboración, adicaranse ás tarefas de: colocación dos libros nas zonas de cada curso, ordenación nos andeis, axudar aos compañeiros e compañeiras nas dúbidas que lles xurdan cando van á biblioteca, utilización do librocalizador, exercer de monitores/as nas diferentes actividades que se realizan no centro...
Este é o VIII equipo de colaboradores que traballa na biblioteca e estamos moi orgullosos de todos os que pasaron pola biblioteca.
 Fan un labor importantísimo dentro da biblioteca e fóra dela representándonos en diferentes actividades que se fan conxuntamente con outros centros educativos, con diferentes asociacións,entidades ou o Concello.
Grazas!




5/10/15

BENVIDA MARGARET

Margaret é a nosa auxiliar de conversa para este curso.
Ela é de Missouri (os Estados Unidos) e está no colexio para axudarnos a desenvolver as destrezas orais e achegarnos a súa cultura. Está moi ilusionada igual que nós e promete que aprenderá a falar galego.


1/10/15

SAIRON AS MOCHILAS VIAXEIRAS 2015-2016

Onte sairon as primeiras Mochilas Viaxeiras do curso. Paula, Israel, Zoe, Julia e Sara foron os primeiros mochileiros que levaron entusiasmados a súa mochila para a casa.
Algunha non se resistiu e abriu a mochila para ver que sorpresa había dentro.
FELICES LECTURAS EN FAMILIA!