Biblioteca escolar... matemático!!! é o
lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas
bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria continúa así
a liña iniciada no pasado curso,
coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás
necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema
xoga
a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo,
quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador
David Pintor
foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa
interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de
vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao
noso alumnado.
Existen xa interesantes
experiencias
en bibliotecas escolares galegas que contemplan entre as súas
actividades propostas concretas arredor das matemáticas. Agardamos que
esta nova iniciativa sirva para apoiar novas propostas e favoreza unha
maior presenza desta área do coñecemento nas bibliotecas escolares e no
día a día dos centros.