Mostrando entradas con la etiqueta un xantar de versos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta un xantar de versos. Mostrar todas las entradas

4/6/19

UN XANTAR DE VERSOS- MICRORREDE DA MARIÑA


A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integramos o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.

No noso colexio en concreto a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co  gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.

Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...

Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!

Os traballos estiveron expostos no colexio e dende o vindeiro martes día 4 haberá unha gran exposición colectiva en Viveiro aberta ao público en xeral ata o día 6.
O día  4 foi inauguración da Exposición da Microrrede coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.

Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro, recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.

Durante os días da exposición houbo diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda  ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.

O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de  David Catá e Juan Cabalar,  a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.

Unha semana con gran actividade no noso pobo Viveiro cheo de poesía.


















2/5/19

UN XANTAR DE VERSOS- PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA


 Xa estamos a prepararnos para outra nova actividade da MICRORREDE DA MARIÑA. Como sabedes este proxecto colaborativo de centros educativos que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) veuse incrementado con dous novos centros (a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo e o CEIP Fondo Nois de Foz). 
Este curso o proxecto ten como título
A POESÍA QUE SENTIMOS.
No CEIP Plurilingüe de Covas imos traballar sobre o sentido do gusto e titulámolo
UN XANTAR DE VERSOS.
Enviamos unha carta a cada familia explicando en que consiste o proxecto e pedimos a súa colaboración que agradecemos coma sempre.

Saborearemos os versos inéditos ou copiados polas familias nun gran xantar de poemas.