30/1/23

Día da Paz Covasmola 2.0. Tai chi!!!

Celebramos o Día da Paz e a non violencia seguindo os dictames do PDI Covasmola 2.0.

Traballamos en concreto a saúde mental e o equilibrio emocinal a través dunha práctica ancestral, o Tai Chi.



27/1/23

Educación sexual. Covasmola 2.0

No día de onte o alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a un obradoiro de Educación Sexual có Doutor Miguel Piñán. A educación sexual, xunto coa educación social e a saúde mental son as novas liñas de traballo que o PDI Covasmola 2.0 suma á nosa idade de centro.

Grazas por facelo tan divertido. Aprendimos un montón!!!!!😍😍😍😍😍😍








26/1/23

Receitas saudables no Contexto Lingüístico do 1º Ciclo!!!!

O alumnado de 1º e 2º de E.P. traballa as receitas saudables no contexto lingüístico. Primeiramente, botáronlle un vistazo ao libro “Cociñando con bolboretas no bandullo” para coñecer as partes que tiñan as receitas. Posteriormente, tiveron que ordenar algunha das receitas que aparecían no libro.

Finalmente, tendo en conta os seus gustos, explicaron algunhas das súas receitas favoritas facendo uso do Croma.

Atrevédesvos a cociñar estas receitas saudables? 

A que apetece probalas?