Mostrando entradas con la etiqueta meco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta meco. Mostrar todas las entradas

7/2/15

O MECO ESTÁ NO COLEXIO!

Xa estamos no Entroido e o Meco disfrazouse de Matemático.
Temos que  ler o que nos manda traer cada día da semana.
 Estade  atentos porque é un profesor un pouco despistado e algunha vez comete erros nas operacións matemáticas (pide axuda a mamá ou a papá cando te vaian levar ou recoller ao cole).


9/2/13

ENTROIDO NO COLEXIO

Durante toda a semana celebramos o Entroido no colexio. O Meco dábanos as instrucións do que tiñamos que poñer cada día e había que facerlle caso. O venres comimos roscas, orellas e filloas feitas polas familias dos nenos e nenas. Despois de comer, xogamos e bailamos no patio. Estas son as fotos do noso Entroido.

19/2/12

ENTROIDO 2012

Así de ben o pasamos no Entroido coa visita de "O MECO" que nos mandaba poñer cada cousa. Todos lle fixemos caso e obedecimos... por si acaso. Tamén fixemos coplas ao Entroido que leron os de 6º polas clases.