No recanto sensorial @s máis peques traballaron as simetrías empregando Tale Bots e espellos
30/4/24
29/4/24
Lecturas artísticas; semana do 22 de abril
A pasada semana seguimos disfrutando das Lecturas Artísticas.
Tivemos a Gabriel e a súa mamá Sara fixeron un conto moi orixinal creado polo propio Gabi, "A pataca aventureira". Nel, o protagonista, pasaba por diferentes localizacións na procura do seu amigo.
Bruno, Lucas e a súa mamá María trouxéronnos "Chucheritis", un conto onde Bruno e Lucas eran os protagonistas.
Xandre e a súa mamá Andrea interpretaron "O tigre que veu tomar o té" con Xandre caracterizado para a ocasión.
Alba, a mamá de Teo e de Lúa, tivo dúas sesións de Lecturas Artísticas, unha para 5º e 6º con "En tus zapatos", onde traballamos a importancia de poñerse no lugar do outro, sobre todo en realidades sociais desfavorecidas e "Mola que chova".
25/4/24
Abenizamos contos. Recanto matemático
No recanto matemático de Educación Infantil escolleron todo un clásico para abenizalo. Xa sabedes que no cole de Covas empregamos a metodoloxía ABN e, polo mes dos libros, escollimos ....
BRANCANEVES E O 7 ANANIÑOS!!!!
🥰🥰🥰🥰🥰
Suscribirse a:
Entradas (Atom)