23/6/22

I ROMARÍA COVASMOLA

Pois non podíamos rematar o curso nin rematar este proxecto sen unha festa, e con que festa? Coa festa que nos define por excelencia A ROMARÍA.

Benvidos á I ROMARÍA COVASMOLA!!!!

Cada aula montou un xogo, elaborouno e incluso bautizoumo. Fixemos tantas estacións como aulas e fumos rotando por todas!!!!

Ao rematar os xogos pasamos polo bar a polo cachiño de empanada con zume natural.

Para rematar, o broche de ouro, Concerto Brincavai con Paco Nogueira!!!!

Que vivan as Romarías e que vivan as nosas festas!!!!!

 

















       

                                                

Rematamos Lectura de Familias con "Lecturas de verán"

Rematamos o programa Lectura e Familias deste curso con "Lecturas de Verán". Modificadas as medidas covis as familias xa poden acceder aos centros. Tiñan moitas gañas de vir a compartir lecturas cós peques e fixéronolo saber. 

Como este programa para familias lles deu a posibilidade de participar en diferentes obradoiros realizados na biblio quixeron facelo agora nas aulas. Canto tempo sen visitalas!!!!

Fixemos unha selección de lecturas estupenda para a ocasión así que lembrade, agora que ven o verán e temos máis tempo libre, mergulládevos no marabilloso mundo dos libros!!!!

Boas vacacións 😎😎😎😎😎

 





 















  

 

 

22/6/22

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 Grazas ao departamento de orientación por traballar sempre con nós...

21/6/22

PRAIA DE COVAS!!!

Dentro do PDI Covasmola non pordíamos rematar o curso sen ir á nosa praia, a praia de Covas. 

Organizamos unha mañá cheíña de actividades:

  1. Recollimos lixo.
  2. Fixemos unha creación artística por grupos.
  3. Debuxamos a nosa creación.
  4. Merendamos.
  5. Tiramos da corda e fixemos castelos na area.

Tivemos que escapar un pouquiño á presa por culpa dunha nube chorona per a mañá cundeunos moito!!!!