30/5/17

SEMANA DA LECTURA "NÓS TAMÉN CONTAMOS"

Semana da lectura "Nós tamén contamos"

Coma todos os anos por estas datas das Letras Galegas, no cole organizamos a Semana da Lectura có título "Nós tamén contamos".
A actividade consiste en ir ler, dramatizar, recitar, contar... dunhas clases a outras.
Previamente todos os nenos e nenas dende 3 anos ata os de 6º de primaria preparan a lectura, conto, obriña, teatro, poesía... para ir ás  clases dos compañeiros e sorprendelos durante a hora de ler.
Toda a semana hai un ir e vir dos nenos e nenas que van a outras aulas cos nervios típicos previos á actuación.
Tod@s o fixeron marabillosamente ben e disfrutamos do pracer de ler, escoitar contos, ver teatro de sombras... da man dos nosos alumnos/as que melloran as súas habilidades e competencias en expresión oral.
Grazas a todos os nenos e nenas.

17/5/17

XA ESTÁ AQUÍ "O CHARLATÁN DE COVAS" 2017

Para conmemorar as Letras Galegas publicamos o último número do xornal do cole "O Charlatán de Covas". O xornal está adicado a CARLOS CASARES  e o tema da portada está relacionado có proxecto monográfico da biblioteca "Ciencia e lectura. Eu quero saber".

9/5/17

EXPOSICIÓN NO CENTRO "AQUÍ CANTAMOS ASÍ" DENTRO DO PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA


Aquí cantamos así- exposición no colexio

Video da exposición dentro do centro dos traballos realizados polas familias dentro do proxecto da Microrrede da Mariña "A Mariña con moita arte" e a actividade  "Aquí cantamos así" sobre cancións tradicionais...
Grazas a todos os participantes pola imaxinación e creatividade de cada obra.
Algúns traballos levaban incorporado un código QR que vinculaba a obra coa gravación de audio ou video.

3/5/17

CHARLA DE SEPRONA PARA OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza.
Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas.

Roberto, un garda civil que realiza o seu traballo na unidade de investigación, explicou aos nenos e nenas de primaria as funcións que realizan, as diferentes unidades que hai (Servizo de incendios, de montaña, de investigación...) e como podemos axudar para protexer a natureza.
Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e estiveron moi interesados na charla demostrando que saben que hai que coidar  da natureza.