Temos a nosa biblioteca adornada para Nadal. Coa axuda de nenos e nenas de 1º envolvimos libros e fixemos a Olaf, o boneco de neve da película Frozen.
Olaf aconséllanos LER especialmente en Nadal.
16/12/18
COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
Diana Fernández e David Díaz presentaron o seu libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo", un libro de receitas para os grandes e pequenos/as.
Diana estudio no colexio cando era CEiP de Covas e agora é profesora de Literatura Galega.
O libro ten unhas preciosas imaxes, é divertido e cada receita conta unha pequena historia, microconto ou poesía. Tamén inclue códigos QR para seguir as receitas no seu canle de Youtube.
Diana escribeu para o colexio unha cariñosa adicatoria no libro.
Xa podes ler este libro na biblioteca!

MERCADILLO SOLIDARIO EN DOMUSVI
Outro ano máis o colexio colabora co Mercadillo Solidario que se celebra en Domusvi (Residencia de maiores) para recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Todos os nenos e nenas do centro elaboraron unhas manualidades preciosas e orixinais para contribuir co noso gran de area.
Nenos e nenas de 6º de primaria foron ao mercadillo e compraron moitas cousas para agasallar este Nadal.

4/12/18
O CEIP PLURILINGÜE DE COVAS ESTÁ DENTRO DO PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"
O noso centro foi seleccionado xunto con outros 29 (o CEIP de Celeiro foi un dos seleccionados) para integrarse no programa "Radio na biblio".
Este programa está dirixido a estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca escolar cara a centros creativos de aprendizaxes promovendo a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de potenciar e favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo do alumnado e profesorado.

CHARLA DO CIM DE VIVEIRO SOBRE AS EMOCIÓNS
Unha representante do Centro de Información da Muller (CIM) de Viveiro visitou o noso centro para dar aos nenos e nenas de 5º e 6º unha charla sobre as EMOCIÓNS.
Estuvo moi interesante xa que tratou de diferentes aspectos das emocións: como identificalas, características e como xestionalas na nosa vida escolar e familiar.
Os nenos e nenas interactuaron facendo moitas preguntas.

2/12/18
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para concienciar sobre a igualdade de xénero, os nenos e nenas de 6º de primaria representaron o conto "O libro dos porcos" de Anthony Browne.
Ademais os nenos/as de 5º e 6º cantaron a canción "Depende de los 2".
Na biblioteca temos expostos libros escritos por mulleres e sobre mulleres.
Depende de los 2 from bibliocovas on Vimeo.
Ademais os nenos/as de 5º e 6º cantaron a canción "Depende de los 2".
Na biblioteca temos expostos libros escritos por mulleres e sobre mulleres.
Depende de los 2 from bibliocovas on Vimeo.
Labels:
canción,
o libro dos porcos,
violencia de xénero
CONTOS DO RECREO NO TEATRO PASTOR DÍAZ
O alumnado de 2º e 3º de primaria foron ao teatro Pastor Díaz para ver a obra de Redrum Teatro "Contos do recreo", un espectáculo visual e musical que ten como base o acoso escolar.
A posta en escena foi moi bonita mezclando personaxes reais con monicreques.
A posta en escena foi moi bonita mezclando personaxes reais con monicreques.
19/11/18
LUZ POZO GARZA, FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO
A poetisa Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro.
Nada en Ribadeo pero aos 8 anos vaise vivir a Viveiro.
BIOGRAFÍA
Nada en Ribadeo pero aos 8 anos vaise vivir a Viveiro.
BIOGRAFÍA
VISITAMOS A GRANXA DE CORAIS
Dentro da campaña escolar Mares de cultura, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria foron visitar a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro.
Primeiro tiveron unha presentación con Carlos, que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles. Tamén vimos diferentes tipos de corais e como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral.
Despois visitaron a granxa onde están as plantas de coral, os diferentes peixes que viven con eles, da supervivencia dos corais, que necesitan para sobrevivir...
Finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!
11/11/18
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O día 19 de novembro celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas que mandamos asar á Panadería de Covas agás unhas poucas que asou Leti de xeito tradicional.Os alumnos e alumnas prepararon,con materiais de refugallo( xornais, envases de leite,..), contenedores para metelas e os maiores do centro, o alumnado de 6º, repartiu as castañas aos compañeiros e compañeiras e axudou aos máis pequeniños a pelalas.
Despois disfrutamos cos xogos populares grazas a axuda, como non, dos nosos alumnos e alumnas de 6º que exerceron de monitores.Axudaron aos demáis nenos e nenas nos diferentes xogos e coidaban que todos o pasaran ben.Xogamos á corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guiar o aro e ata pescamos castañas.
Tamén tivemos unha exhibición de auténticos expertos bailando o peón e unha exposición de peóns decorados.
5/11/18
ESCAPE ROOM PARA CELEBRAR HALLOWEEN-SAMAÍN
Con motivo da celebración de Halloween e Samaín xogamos coa actividade do Escape Room (consiste nun xogo de equipo no que o obxectivo é saír dunha habitación resolvendo unha serie de probas).
A historia está baseada na lenda de "A cova da doncela" de Covas que sufreu un feitizo por parte dunha bruxa, e a raíz desta lenda os nenos e nenas tiveron que superar probas, resolver unha serie de enigmas e atopar un sobre para desenfeitizar á doncela.
Houbo diferentes probas de habilidade (resolver un crebacabezas, tirar arañas en vasos, buscar unha chave nunha caixa chea de bolas...), de coñecementos matemáticos e do corpo humano, empregaron os Escornabots, buscaron un libro na biblioteca, responderon a preguntas a partir dunha canción, buscaron en internet...
Participaron todos os nenos e nenas do colexio, aínda que algúns dos máis pequeniños non quixeron porque lles daba medo.
Os alumnos/as de 6º actuaron de monitores e bailaron, actuaron... para dar ambientación á actividade.
Agradecemos a participación de Madison e Lorena que fixeron moi ben os seus respectivos papeis de bruxa e doncela.

Halloween- Escape Room from María Rolle on Vimeo.
1/11/18
VISITA DE XOÁN NEIRA AO COLEXIO
Para conmemorar o Día da Biblioteca visitounos o poeta XOÁN NEIRA LÓPEZ para falarnos e lernos o seu último libro GAIOLA ABERTA, unha escolma de poemas dos seus anteriores libros.
Ademais tivemos un obradoiro de pre-escrita de poesía. Aprendimos a facer Palíndromos, Anagramas, Acrósticos... e regalounos uns preciosos Caligramas para a biblioteca.
Algúns dos nenos e nenas leron diferentes poemas do seu libro.
Disfrutamos cos seus poemas e a súa visita!

29/10/18
COÑECEMOS A BIBLIOTECA
O Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca fixo este video para ensinarnos as diferentes zonas dela.
Este é o primeiro video dentro da actividade de Formación de Usuarios que desenvolvemos durante o primeiro trimestre.
Coñecemos a biblioteca from María Rolle on Vimeo.
Este é o primeiro video dentro da actividade de Formación de Usuarios que desenvolvemos durante o primeiro trimestre.
Coñecemos a biblioteca from María Rolle on Vimeo.
27/10/18
DÍA DA BIBLIOTECA, REPRESENTACIÓN DO CONTO MARILUZ AVESTRUZ
O Día da Biblioteca un grupo de profesores/as do centro representamos o conto Mariluz avestruz.
Unha historia na que a colaboración dos animais é fundamental para axudar a Mariluz e a súa imprudencia.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos ao que acontecía no escenario e gustoulles moito.
Que mellor maneira de conmemorar este día que facendo teatro na biblioteca?
Aquí están as fotos.

contos,
día da biblioteca,
Mariluz avestruz,
teatro
22/10/18
PILLADO EN LA BIBLIO
El Observatorio de la Lectura y el Libro lanza la campaña ‘Pillado en la Biblio’ para celebrar el Día de la Biblioteca
Para máis información, PREME AQUÍ
SEMANA GLOBAL AMI 2018
As bibliotecas escolares teñen un papel fundamental á hora de apoiar a profesorado e alumnado neste cometido, ofrecendo materiais de apoio, recursos, tempos e espazos; pero tamén retos que guíen e estimulen a incorporación destes contidos nas diversas materias. Unha das estratexías de maior alcance é a creación do laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar, tal e como están facendo, entre outros, os centros integrados no programa RADIO NA BIBLIO, pero hai moitas outras posibilidades. A apertura do modelo de biblioteca cara un "centro creativo das aprendizaxes", con novos espazos e equipamentos, como por exemplo o recuncho de produción audiovisual, contribúe a mellorar as oportunidades para este achegamento e empoderamento do alumnado como produtor de pezas audiovisuais, como xerador de contidos audiovisuais. Son só dous exemplos aos que poden unirse outras iniciativas, analóxicas ou virtuais, como o traballo coa publicidade ou cos textos xornalísticos.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares elaborouse un pequeno documento que pode descargarse neste espazo e que inclúe ligazóns a informacións diversas e recursos de apoio. Recolle algunhas das recomendacións da UNESCO para a celebración desta "semana AMI" pero ben poden levarse a cabo ao longo do curso escolar.
- DOCUMENTO DESCARGABLE: SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL 2018
- PROPOSTA DA UNESCO- 2018
12/10/18
AS MOCHILAS XA ESTÁN NAS VOSAS CASAS
Xa saíron as Mochilas Viaxeiras para a casa de Iago, María, Sara, David e José Luis.
Foron buscalas á biblioteca e fixemos estas fotos con elas, todos intrigados polo contido das mochilas.
Esperamos que vos gusten todos os materiais que incluimos nelas.
Disfrutade coa lectura en familia!
Labels:
biblioteca,
lectura,
mochilas viaxeiras18
22/9/18
BIBLIOTECA EN OBRAS
Ola a todxs!
Durante o mes de setembro a biblioteca estará pechada para préstamos debido a que estamos organizando, ordenando, expurgando e creando novos espazos para poder disfrutar dela.
VÉMONOS MOI PRONTO!!!
Mentras aquí tedes este video que lle encantou a Lolo.

29/6/18
21/6/18
RETO DE LECTURA PARA O VERÁN
Para este verán Lolo propón un RETO DE LECTURA que consiste en ler catro libros coas seguintes características:
1-Un libro sobre animais ou que os personaxes sexan animais.
2-Un libro recomendado por un amigo/a.
3-Un libro que teña 4 palabras no título.
4-Un libro escrito por unha muller.
1-Un libro sobre animais ou que os personaxes sexan animais.
2-Un libro recomendado por un amigo/a.
3-Un libro que teña 4 palabras no título.
4-Un libro escrito por unha muller.
Atréveste co reto?
Se cumpres estas condicións... en setembro falamos.
"Lembra que sempre hai un momentiño e un lugar cómodo para ler"
19/6/18
A MICRORREDE DA MARIÑA NA REVISTA EDUGA
Artigo publicado na revista de educación EDUGA escrito pola Microrrede da Mariña sobre dito proxecto colaborativo entre centros da zona da Mariña de Lugo.
Os 14 centros integrados na Microrrede son:
-EEI San Roque.
-CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela
-CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
-CEIP de Cervo
-CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove
-CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo
-CEIP de Celeiro
-CEP Lois Tobío
-CEIP O Vicedo
-CEIP Plurilingüe de Covas
-IES Illa de Sarón de Xove
-IES Perdouro de Burela
-IES María Sarmiento
-IES Vilar Ponte
-http://www.edu.xunta.gal/eduga/1568/boas-practicas/microrrede-da-marina-un-proxecto-colaborativo-cara-sociedade-do-futuro

boas prácticas,
microrrede da Mariña,
revista Eduga
2/6/18
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA
O día 1 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na Escola.
Este ano e co título de "FACEMOS ARTE CO LIXO" os nenos e nenas crearon esculturas con materiais de refugallo.
Esta actividade está dentro do noso proxecto monográfico da biblioteca "Aprender a pensar na biblioteca de Covas" e o alumnado do centro agrupados en equipos verticais e co alumnado de 6º e 5º de primaria como monitores, traballaron durante dúas sesións para realizar estas estupendas obras artísticas, demostrando unha vez máis que creatividade non lles falta.
DÍA DA ARTE GALEGA from María Rolle on Vimeo.
Labels:
arte co lixo,
día da arte galega 2018,
lixo
31/5/18
ESPERTANDO O MAIO- Proxecto colaborativo entre varios centros educativos de Viveiro
Este ano o proxecto de Voz Natura ten como título "Espertando o Maio" e ten como obxectivos:
-Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
-Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
-Os Maios en Viveiro.
-Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
-Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
En marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios. A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas... Preparamos e ensaiamos as cantigas dos maios de Viveiro que cantamos o día do desfile polo pobo. Fixemos murais, cadros e outras manualidades para a exposición conxunta dos catro centros que colaboramos neste proxecto: EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP de Celeiro e o noso colexio.
ESPERTANDO O MAIO from MisisRoller on Vimeo.

maios 2018,
proxecto colaborativo,
voz natura
24/5/18
PROXECTO DE PLÁSTICA- FACENDO UN BOOKTRAILER
Os nenos e nenas e 6º na área de plástica están a facer un booktrailer do libro "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Gustoulles moito o libro e a tarefa final consiste en crear un video axudados por Colin, o auxiliar de inglés co vocabulario e a pronunciación.
A clase dividímola en equipos e cada un traballou nunha sección: facendo os decorados, debuxando os personaxes, o guión, gravando as voces e efectos especiais, gravando as escenas e editando o video.
Empregaron aplicacións para tablets e programas de ordenador como: GIMP, Audacity, Open Shot Editor...
BOOKTRAILER .Escarlatina, a cociñeira defunta from MisisRoller on Vimeo.
Making a booktrailer from MisisRoller on Vimeo.

arte,
booktrailer,
escarlatina a cociñeira defunta,
plástica,
video
23/5/18
HORTO ESCOLAR
Horto escolar 18
Obxectivos relacionados co horto
Coñecer os beneficios que nos proporcionan as plantas ornamentais.
Recoñecer os diferentes tipos de ornamentais que existen.
Facer unha listaxe de plantas ornamentais en relación con Galicia.
Concienciar da cantidade de posibilidades que nos ofrece a natureza para o noso benestar físico e psíquico.
Fomentar o traballo en equipo facendo aos alumnos partícipes na organización das diferentes labores do horto.
Aprender a cultivar e coidar o xardín
Animar aos alumnos a ter un pequeno xardín na casa porque é san e económico.
Fomentar unha verdadeira educación ambiental na escola.
Desenrolo do proxecto para o curso 17-18
Setembro: Recolección dos froitos que quedaban na terra.
Outubro: Intentamos desfacernos dunha planta invasora que se apoderou do noso horto. Resultou misión imposible.
Marzo: Comezamos a facer sementeiros na nosa mesa de traballo. Fóra era imposible saír, debido ás inclemencias do tempo e as características do noso horto.
Abril: Os nenos e nenas máis pequenos plantaron Gladiolos e Liliums, que levarán logo para a casa.
Os de 5 anos sementaron e trasplantaron Tagetes que tamén levarán para a súa casa cando medren.
Maio: Os máis grandes están traballando fóra, ahora que o tempo o permite. Pero a verdade é que vai todo un pouco atrasado.
Obxectivos relacionados cos Maios
Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
Os Maios en Viveiro.
Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
Desenrolo do proxecto
Como xa dixemos, en marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios.
A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas...
Estamos preparando e ensaiando as cantigas que se van cantar o día do desfile polo pobo.
Tamén estamos preparando murais, facendo cadros e outras manualidades para a exposición conxunta.
22/5/18
BIBLIOPATIO
Por fin o sol deixouse ver e poidemos poñer en marcha o BIBLIOPATIO.
Os nenos e nenas colaboradores da biblioteca baixaron ao patio cun carrito cheo de libros e invitaron aos nenos/as a ler durante o tempo de lecer.
O bibliopatio tivo máis éxito co alumnado de infantil e algúns nenos e nenas deixaron os xogos por un cachiño e sentaron a ler durante o recreo ou tiveron a sorte de que foran os colaboradores quen lles leran a eles.
BIBLIOPATIO from MisisRoller on Vimeo.
Labels:
bibliopatio,
equipo de colaboradores da biblioteca,
lecer,
ler
16/5/18
O CHARLATÁN DE COVAS 2018
13/5/18
LETRAS GALEGAS 2018- Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ
Premendo na imaxe atoparedes diferentes materiais en versión dixital e recursos sobre a homenaxeada.
Labels:
EDLG,
letras galegas 2018,
Mª Victoria Moreno
LETRAS GALEGAS 2018 - MATERIAIS PARA TRABALLAR CON Mª VICTORIA MORENO
Material elaborado polos GT do SEMINARIO GALÁN sobre Mª VICTORIA MORENO. Hai todo tipo de actividades para infantil e primaria: actividades interactivas, biografía en lingua de signos, cuestionarios, carteis, marcapáxinas, actividades LIM, "A festa no faiado" teatralizada...
Preme na imaxe para ir á páxina do SEMINARIO GALÁN.
11/5/18
MICRORREDE DA MARIÑA- A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO
Xa rematou a exposición conxunta dos traballos dos nenos/as dos 14 centros educativos da Microrrede da Mariña que tivo lugar na Biblioteca Municipal e na Sa de usos múltiples do Concello de Viveiro.
Durante 4 días a exposición estivo aberta ao público en xeral e houbo actividades dinamizadoras: actuación de Guadi Galego, performance de LAG, coros de nenos e nenas dos distintos centros, actuación de Adala coa obra "Mamasiña que medo", actuación de as Moreninhas de Burela e presentación de libros de Rita Morrigan.
Se queredes ver fotos e videos, premede en MICRORREDE DA MARIÑA ou preme na imaxe

MICRORREDE DA MARIÑA- EXPOSICIÓN NO COLE (A MIÑA...)
A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO
MICRORREDE DA MARIÑA- EXPOSICIÓN NO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Estas son as fotos da exposición no centro do proxecto da Microrrede da Mariña "A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO".
No noso centro o tema levou por título "A MIÑA..." e os nenos e nenas axudados polas súas familias realizaron uns traballos preciosos sobre unha figura feminina que fora especial para eles. Por goleada gañaron as nais!!
Grazas a todos os que colaboraron na actividade.

9/5/18
BUSCANDO A CERVANTES POR 5º DE PRIMARIA
buscando a Cervantes 5º
Seguindo coa busca do tesouro "Buscando a Cervantes" tocoulles o turno aos nenos e nenas de 5º de primaria.
Coas mismas pistas que tiveron en 6º, trataron de resolver todas as preguntas relacionadas coa biografía de Cervantes, coa formación de usuarios da biblioteca e busca e tratamento da información dixital.
Fixéronno moi ben e desfrutaron dunha actividade diferente na biblioteca.
Labels:
biblioteca,
busca tesouro 5º,
buscando a Cervantes
SEMANA DA LECTURA "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS"
Semana da lectura "Nós somos os contacontos" 2018
Para celebrar o mes dos libros, todos os nenos e nenas foron "contacontos" e dramatizaron, contaron, leron... contos ou obras de teatro aos compañeir@s.
Empregaron o Kamishibai os nenos/as de 2º e 5º con marabillosos debuxos.
Os nenos e nenas de 1º empregaron máscaras e o resultado foi un éxito. Tamén os de 4º decidiron facer obras de teatro que fixeron estupendamente. Os de 5 anos contaron unha historia empregando monicreques de cartulina.
Tamén houbo lectura de poemas, lectura de historias...
Durante unha semana na hora de ler polos corredores do colexio unha morea de nenos e nenas que ían para as clases dos compañeir@s ou para a biblioteca con nervios que lles supón actuar para un público tan esixente pero tan agradecido como son os demais nenos e nenas do cole.

contacontos,
contos,
semana da lectura 2018
25/4/18
DÍA MUNDIAL DO LIBRO- BUSCANDO A CERVANTES
buscando a cervantes
Para conmemorar o Día Mundial do Libro os nenos e nenas de 6º participaron nunha busca do tesouro titulada "Buscando a Cervantes".
Durante uns días estiveron expostos uns carteis polos corredores do centro con información sobre Cervantes.
Dentro da biblioteca estaban as respostas as preguntas da busca do tesouro, relacionadas coa vida e obra de Cervantes pero tamén coa biblioteca, Formación de Usurarios e ALFIN.
Unha actividade que resultou moi entretida e a próxima semana realizaremos cos demais cursos de primaria.
4/4/18
XIANA NAVAL NO COLEXIO
Que mellor maneira de comezar o Mes dos Libros que reunir os libros e a música coa visita de XIANA NAVAL. Xiana estudou no noso colexio e agora está a piques de rematar a súa formación no Conservatorio Superior de Música da Universidade da Coruña.
O ano pasado estivo co programa Erasmus en Bélgica. Xiana toca o trombón e foi elexida para tocar na Banda Galega Femenina de Música de Galicia "Marcamos o compás" que actuou o día 17 de marzo no Gaiás en Santiago para celebrar o Día da Muller en Santiago nun concerto para visibilizar a presenza feminina na música.
Os nenos e nenas do colexio fixéronlle unha morea de preguntas relacionadas coa súa formación, estudos... e incluso intentaron tocar o trombón. Finalmente deleitonos cunhas pezas musicais.
Dentro da área de Música os nenos e nenas traballaron as "Nosas mulleres na música".
Para escoitar a Xiana preme no altofalante.
2/4/18
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
O Ibby (International
board on books for young people) chama á conmemoración do Día
Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de
Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste
ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora
letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico.
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.
OEPLI
MENSAXE
CONCURSO "UN CONTO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN EN COMIC"
GALIX
HANS CHRISTIAN ANDERSEN-BIOGRAFÍA
DÍA DO LIBRO INFANTIL- GÚSTANOS LER ... E QUE?
Día do libro 2018 from MisisRoller on Vimeo.
Conmemoramos o Día do Libro Infantil con Manuela, Emma, Carmen e Adrián. Son de 6º e fálannos dos seus libros favoritos. Grazas pola vosa colaboración!28/3/18
DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
Para conmemorar este día os nenos e nenas de 1º prantaron un salgueiro no xardín do centro.
Puxéronlle de nome Cuqui e prometeron que o ían coidar mentres estiveran no colexio.
Ademais todo o alumnado recibiu un libro de agasallo. Os de infantil, 1º e 2º levaron "A auga, o dragón e o salgueiro" e os de 3º,4º,5º e 6º "A invención do salgueiro" doados pola Diputación de Lugo.

DIPLOMAS E AGASALLOS PARA OS GAÑADORES DOS ENIGMAS
Rematamos este trimestre coa relación das clases gañadoras dos enigmas.
Os gañadores foron os nenos e nenas de 6º que resolveron prácticamente todos seguidos moi de cerca polos nenos e nenas de 1º de primaria e de 5 anos.
As fotos das clases gañadoras están na entrada da biblioteca. Ademais todas as clases que participaron recibiron un Diploma e ademais os gañadores uns marcapáxinas coa foto da clase.
Tamén fixemos unha homenaxe ao científico Stephen Hawking.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)