Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas

4/12/18

CHARLA DO CIM DE VIVEIRO SOBRE AS EMOCIÓNS

Unha representante do Centro de Información da Muller (CIM) de Viveiro visitou o noso centro para dar aos nenos e nenas de 5º e 6º unha charla sobre as EMOCIÓNS.
Estuvo moi interesante xa que tratou de diferentes aspectos das emocións: como identificalas, características e como xestionalas na nosa vida escolar e familiar.
Os nenos e nenas interactuaron facendo moitas preguntas.


23/11/16

CHARLA ANTI BULLYING



Dentro do PLAN DIRECTOR para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus entornos, a Policia Nacional de Viveiro dará tres charlas aos nosos alumnos/as de 5º e 6º sobre problemas de seguridade que lles afecta como colectivo. O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu á primeira charla sobre o Acoso escolar.
Pablo, o policía explicoulles as causas, características e consecuencias do acoso nos centros educativos, así como as pautas para previr e evitar que ocorra.
Ademais viron un video sobre o acoso "El sandwich de Mariana".
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema.
"Se te acosan, agreden ou observas unha agresión, sé valente e cóntallo aos teus pais, aos teus mestres ou contacta coas forzas de seguridade".
  "Se eres ti quen agrede, ponte no lugar de que recibe o dano e imaxina como se sinte".

11/10/14

CHARLA DA POLICÍA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

"Consecuencias do acoso escolar nos que o padecen así como a responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo"
 O venres tivemos a visita da Policía para dar  unha charla aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria sobre o acoso escolar.
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema.




8/2/13

NAVEGA CON RUMBO



O xoves día 7 tivemos unha charla para os nenos e nenas do 3º ciclo dentro do plan "Navega con rumbo". Este programa ten como obxectivo ensinar aos nenos e nenas a navegar seguros pola rede e facer un uso responsable das novas tecnoloxías. Dentro do programa hai guías dirixidas a pais/nais e profesores sobre a utilización de internet de forma segura e como axudarlles aos seus alumnos/as e fillos/as cando navegan pola rede. 

Para saber máis do plan NAVEGA CON RUMBO, preme  AQUÍ