29/4/26

"Familias creativas, familias que contan" en Primaria

As familias de Primaria viñeron a compartir as súas lecturas preferidas á Bibliocovas, dentro do programa Lectura e familias, no mes de abril, mes dos libros e das familias na nosa biblio.

Moitísimas grazas familias molonas!!!!!

















 

"Familias creativas, familias que contan" en Infantil

Este mes de abril, mes dos libros e mes das familias na Bibliocovas, os Seres Covasmola están moi contentos porque as familias viñeron contar e traballar co alumnado as súas lecturas favoritas dentro do programa Lectura e Familias.

Infinitas grazas familias molonas!!!


















 

I

28/4/26

Así es mi corazón ❤️

 CORAZÓNS MULTICOLOR

Os corazóns dos nenos e nenas de 6° E.I son de mil cores e formas. Cores que reflexan as emocións  e sentimentos que cada un sinte...

Todas as emocións e sentimentos son necesarias e válidas♥️♥️♥️




 

27/4/26

UNHA SIMPLE RAIA

O alumnado de 6° de E.I, realizou unha nova actividade coa luz negra. 

Deixaron voar a súa imaxinación dándolles unha simple raia nun folio en branco. Xogaron coa posición e apareceron casas, flores, debuxos abstractos, extraterrestres, sinais, montañas e ata estradas que dse comunicaban.

Un traballo moi proveitoso! 

PARABÉNS RAPAZADA!!!!