O 17 de maio, como non podía ser doutro xeito, chegou á Bibliocovas o derradeiro Ser Covasmola do noso PDI, Xacobe.
Xacobe é gaiteiro e representa ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP PLURILINGÜE DE COVAS.
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
O 17 de maio, como non podía ser doutro xeito, chegou á Bibliocovas o derradeiro Ser Covasmola do noso PDI, Xacobe.
Xacobe é gaiteiro e representa ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP PLURILINGÜE DE COVAS.
Creamos "A horta de PePu", Pepu é a noso SER COVASMOLA DA HORTA .
Este ser foi deseñando por todos os nenos e nenas da asignatura de Relixión, aínda que na horta participan todos o alumnado do cole.
Todos eles axudaron a crear a este personaxe, fixeron flores, pintaron, puxeronlle lentes, paxaros...
Por que ese nome e non outro? P de planta ou plantar, E de ensinar, P de poder e U de usar as ciencias naturais.
Despois de crear pasamos a acción: fixemos semilleiros de cenoiras, cebolas, cabaciñas, leitugas... unha vez medraron platámolos na horta, todo iso baixo a supervisión (de aí os lentes de Pepu) de PePu.
Agora ela nos avisará do que temos que ir facendo , coidados, regos, recolleita ... Irémosvos informando😉
Onte celebramos un Obradoiro de Cartón con Ton Arenas de Micromina Títeres dirixido ao alumnado de educación infantil e ás súas familias dentro do programa "Lectura e familias".
Este obradoiro forma parte das programadas neste mes de abril como mes dos libros e das familias.
No obradoiro iniciámonos na elaboración de títeres con cartón e construímos a nosa propia criatura. Estivemos moi atarefados pero Figuriño, como Ser Covasmola elaborado tamén en cartón, está moi orgulloso de nós.
A ver que vos parecen as nosas criaturas!!!
