20/7/10

PARA @S QUE VIAXAN...

MAPAS INTERACTIVOS visto en BIBLIOTICS

Atoparás máis mapas se premes AQUÍ

15/7/10

NO VERÁN... A XOGAR



Durante o verán aparte de ler un pouco e xogar na praia tamén hai tempo para botarlle unha ollada a estes xogos sobre todo cando vai mal tempo.


Para @s que vos gustan (ou non) as matemáticas, probade con estas MATEMÁTICAS DIVERTIDAS.

EL MUNDO DE BUBBA, para @s máis pequeniñ@s



A encantadora porquiña PEPPAPIG (está en inglés pero é moi divertida)

ABIERTO POR VACACIONES -actividades da Junta de Castilla y León.

PREME AQUÍ SE QUERES MÁIS ACTIVIDADES

7/7/10

PREGUNTAS DO CORAZÓN

Grazas ao blog de "Trafegando ronseis" chega este delicioso video PREGUNTAS DO CORAZÓN:na biblioteca hai sempre un libro que nos contesta.


Preguntas:

Nena: O amor é para sempre?

Adolescente: Por que non podo facer amig@s?

Mozo: Como podo superar isto (quedar no paro)?

Parella maior: Como podemos encher o noso niño baleiro?

27/6/10

OBRADOIRO DE XOGUETES COA NATUREZA

O día 21 de xuño visitounos no colexio Xosé Manuel García e ensinoulles aos nenos e nenas que con materiais que nos da a natureza (follas de castiñeiro, madeira,xuncos, follas de loureiro, espiñas, noces, millo…) pódense construir xoguetes que eran os que facían hai uns anos os nosos avós ( carrilanas, bonecas coas follas do millo, colares…)
Nesta ocasión todos os nenos e nenas do colexio aprenderon a construir uns barcos con xuncos e tamén foguetes e ademais pasáronno moi ben.


24/6/10

II EQUIPO DE COLABORADORAS

Despedimos ao Equipo de colaboradoras da biblioteca.

Grazas a todas polo voso traballo e boa sorte para ANGELA RIVAS, ANA, MELANIE E TANIA de 6º que xa nos abandonan.

Queda o resto do equipo de 5º e vémonos o próximo curso.

Bo verán
Mirade que contentas están cos seus "diplomas".

23/6/10

HOMENAXE A JOSÉ SARAMAGO

Un relato para nenos/as e para maiores, con debuxos animados, que se chama " A flor máis grande do mundo "

3/6/10

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 2010

O venres 21 de maio e con moi bo tempo celebramos os Maios no colexio. Todos os nenos e nenas viñeron guapísimos con roupa e sombreiros adornados de flores, follas...
Fumos polo paseo marítimo e no campo do Cembedo bailamos e cantamos as coplas dos Maios que fixeron por ciclos. Tamén estivo o Maio e os nen@s tiveron que espertalo varias veces.
Aquí están algunhas das fotos dese día.