29/9/12
SOMOS PLURILINGÜES
Comezamos o curso con dous novos proxectos no colexio. Por un lado somos un centro Plurilingüe e impartiremos a área de Artística (plástica) en inglés en 1º de Educación Primaria. Por outro lado temos unha Sección Bilingüe e tamén será a Plástica a asignatura elexida para impartila en inglés aos alumnos/as de 6º de Primaria.
Por ser centro Plurilingüe imos contar con un Auxiliar de Conversa que axudará aos nenos e nenas a reforzar as habilidades orais.
15/9/12
EMPEZAN A VIAXAR AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Queridas Familias
As mochilas viaxeiras van comezar a súa viaxe polas casas dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas.
Este curso poñemos en "circulación" unha mochila para cada curso de Primaria e unha para todo o ciclo de infantil.
Para pedir as mochilas tan só tedes que cubrir o impreso de solicitude que levarán ás casas os nenos e nenas, ou ben descargar o impreso que tedes a continuación.
13/9/12
BENVID@S AO NOVO CURSO
Biblioteca escolar, acelerador de innovación,
preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración
do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de
outubro). Nesta ocasión, a
ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide.
25/6/12
OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLOS NENOS E NENAS DE 6º
O último día de clase os nenos e nenas de 6º representaron unha obra de teatro titulada "... e comeron perdices". O decorado pintouno Ana (unha ex-alumna do cole e estudiante de Bellas Artes). Despois de todo o curso de ensaios e un pouco nerviosos, fixéronno moi ben e todos os nenos e nenas do cole pasáronno en grande.
Esta foi a súa despedida do colexio.
Graciñas e boa sorte!
22/6/12
CONTOS MUSICADOS POLOS ALUMN@S DO IES VILAR PONTE
Un grupo de alumnos e alumnas do IES Vilar Ponte (entre eles estaban Antía Eijo e Rebeca que foron alumnas do noso colexio) viñeron contarnos uns contos moi especiales. Tratábase dos "Contos musicados", contos clásicos coma "Polgariño","A Bela durminte", "Brancaneves e os sete ananiños"... acompañados por un grupo de rapaces e rapazas que tocaban os instrumentos ao mesmo tempo que contaban e cantaban as historias.
Todos os nenos e nenas do colexio disfrutaron moito con esta actuación que forma parte da colaboración entre as bibliotecas escolares dos centros educativos da zona.
10/6/12
QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE!
Estos son os traballos feitos polos nenos e nenas do colexio dentro do proxecto da biblioteca "A pintura".
Traballaron a cor, as técnicas, as biografías de pintores, compuxeron cadros con elementos da natureza, reinterpretaron obras famosas...
Tod@s están feitos uns artistas!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





