Para conmemorar estes días (21 e 22 de marzo) plantamos unha árbore (bidueiro) no xardín do colexio.
Os encargados de plantalo foron dous nenos de 1º de Educación Primaria Pablo e Mael, elexidos nun sorteo. Tamén se decidiu poñerlle o nome de COPRI.
25/3/13
DEBUXOS DOS NENOS E NENAS DE 1º SOBRE O DÍA DA ÁRBORE
Debuxos de 1º no Día da árbore on PhotoPeach
Os nenos e nenas de 1º fixeron estes debuxos sobre o Día da árbore.
Prometeron que ían coidar a Copri ata que rematen a primaria no colexio.
Os nenos e nenas de 1º fixeron estes debuxos sobre o Día da árbore.
Prometeron que ían coidar a Copri ata que rematen a primaria no colexio.
7/3/13
SEGUIMOS CONTANDO CO KAMISHIBAI
Os nenos e nenas de 6º siguen contando historias co Kamishibai.
Estas últimas semanas estiveron nas aulas dos nenos e nenas de 2º, 3º e 5 anos.
Tod@s estiveron moi atentos e interesados nas historias que lles contaban os seus compañeiros/as.
Estas últimas semanas estiveron nas aulas dos nenos e nenas de 2º, 3º e 5 anos.
Tod@s estiveron moi atentos e interesados nas historias que lles contaban os seus compañeiros/as.
1/3/13
DÍA DE ROSALÍA
Celebramos no colexio o Día de Rosalía recitando e cantando poemas do libro "Cantares Galegos" .
Todos os nenos e nenas dende infantil ata 6ª de primaria traballaron coas profesoras nas poesías que recitaron no acto de conmemoración do Día da nosa autora máis emblemática.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración

22/2/13
O KAMISHIBAI
Os nenos e nenas de 6º de Primaria están realizando lecturas polas aulas usando a técnica do Kamishibai.
O Kamishibai é un teatriño de orixe xaponés con láminas que representan un conto, escrito para ser lido ao público o cal só ve as ilustracións.
Foi unha técnica de "contacontos" moi popular no Xapón dos anos 50. O "Kamishibai man" (home Kamishibai) viaxaba de cidade en cidade en bicicleta, vendía dulces aos nenos e, colocando aos que mercaban algunha lambetada preto del, lía a historia, pasando as láminas dunha en unha.
Para asegurarse a audiencia, paraba a lectura na parte máis interesante e remataba de contala a semana seguinte.
Miguel, Eric e Óscar contáronlles a historia de "O soldadiño de chumbo" que tivo aos nenos e nenas de 1º totalmente concentrados.
Miguel, Eric e Óscar contáronlles a historia de "O soldadiño de chumbo" que tivo aos nenos e nenas de 1º totalmente concentrados.
20/2/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)