Conmemoramos o Día Internacional do Libro cunha sesión de contacontos na que os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria foron ata as clases de Infantil e o 1º Ciclo para lerlles un conto.
Os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo están traballando nun obradoiro de creación de libros e cada un está a facer un libro que lles entregarán aos nenos e nenas máis pequenos do colexio.
No Día do Libro conmemórase a data da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare en 1616.
Os alumnos/as de 6º de Primaria estiveron traballando na clase de inglés sobre William Shakespeare.
Todos os nenos/as están completando os seus pases ao LIBERESPAZO.
23/4/13
12/4/13
ANXO MOURE E O SEU CARBALLO CON BOTAS
Tivemos a visita de Anxo Moure, autor dos "Contos na casa das árbores" e narrador de historias. Falounos dos contos de "O carballo con botas", unha morea de historias que nos ensinan a respectar a natureza, as árbores, non tirar lixo, respectar ao animais, reciclar...
Con música, disfraces e cancións, todos os nenos e nenas participaron con Anxo.
Despois foise coa súa Ecobicicleta a outros colexios para contarlles máis historias.
Unha visita que nos encantou tanto aos nenos e nenas como ao profesorado.
Se queres saber máis sobre Anxo Moure, preme na ciclobiblioteca

Labels:
anxo moure,
árbores,
carballo con botas,
contos
5/4/13
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
O día 2 de abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil.
Como este curso estamos adicando o proxecto monográfico ao Teatro, os nenos e nenas decoraron un marcapáxinas con forma de entrada, próximamente veremos os resultados.
Os nenos e nenas do colexio escribiron acerca dos libros que leron , e esas son as súas impresións.

25/3/13
DÍAS MUNDIAIS DA ÁRBORE E DA AUGA
Para conmemorar estes días (21 e 22 de marzo) plantamos unha árbore (bidueiro) no xardín do colexio.
Os encargados de plantalo foron dous nenos de 1º de Educación Primaria Pablo e Mael, elexidos nun sorteo. Tamén se decidiu poñerlle o nome de COPRI.
Os encargados de plantalo foron dous nenos de 1º de Educación Primaria Pablo e Mael, elexidos nun sorteo. Tamén se decidiu poñerlle o nome de COPRI.
Labels:
1ºprimaria,
copri,
dia arbore 2013,
plantando
DEBUXOS DOS NENOS E NENAS DE 1º SOBRE O DÍA DA ÁRBORE
Debuxos de 1º no Día da árbore on PhotoPeach
Os nenos e nenas de 1º fixeron estes debuxos sobre o Día da árbore.
Prometeron que ían coidar a Copri ata que rematen a primaria no colexio.
Os nenos e nenas de 1º fixeron estes debuxos sobre o Día da árbore.
Prometeron que ían coidar a Copri ata que rematen a primaria no colexio.
7/3/13
SEGUIMOS CONTANDO CO KAMISHIBAI
Os nenos e nenas de 6º siguen contando historias co Kamishibai.
Estas últimas semanas estiveron nas aulas dos nenos e nenas de 2º, 3º e 5 anos.
Tod@s estiveron moi atentos e interesados nas historias que lles contaban os seus compañeiros/as.
Estas últimas semanas estiveron nas aulas dos nenos e nenas de 2º, 3º e 5 anos.
Tod@s estiveron moi atentos e interesados nas historias que lles contaban os seus compañeiros/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)