22/7/13
DOMINÓ DE LIBROS
Dominó de libros feito pola biblioteca pública de Seatle.
Publicado en Redeiras por José Luis Barreiro Cebey.
11/7/13
MÓVETE+
Móvete
+ é unha proposta do Plan Galicia Saudable
dirixida a toda a población galega.
É unha acción de carácter
lúdica que trata de promover un novo estilo de vida activo e
saudable.
Os
alumnos de Infantil e Primaria prepararon a coreografía Móvete+
e convidaron a toda a comunidade educativa a bailala con eles no
patio do colexio.
Dende
aquí damos as grazas a todos/as por acompañarnos.
4/7/13
1/7/13
O CHARLATÁN DE COVAS
Con algúns atrancos técnicos pero xa podemos ler o noso xornal "O Charlatán de Covas".
Nel colaboraron a totalidade do alumnado de Infantil e Primaria do centro, o profesorado titor, profesorado especialista e a ANPA.
Grazas a tod@s.
Nel colaboraron a totalidade do alumnado de Infantil e Primaria do centro, o profesorado titor, profesorado especialista e a ANPA.
Grazas a tod@s.
24/6/13
TOD@S AO TEATRO
O último día de clase fumos todos os nenos e nenas ao teatro, pero no colexio. Representamos as obras que ensaiamos durante o curso, recitamos poemas, tivemos títeres, bailamos e cantamos en inglés e ata fixemos unha película.
Esta era a derradeira actividade dentro do monográfico sobre o teatro que traballamos este ano.
En infantil os nenos e nenas de 3 anos representaron a obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol". Na clase de 4 anos cantaron "Compañeiro sei tocare". En 5 anos puxeron en escena "A gaita e o pandeiro de Roberto Vidal Bolaño".
Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha película sobre unha obra de teatro "Todo é un conto".
Na clase de 2º de primaria recitaron poemas.
Os nenos e nenas de 3º de primaria fixeron teatro de títeres coa obra "Rata feroz" e despois cantaron unha canción en inglés.
En 4º de primaria representaron a obra "O sol, a lúa e o vento". Os nenos e nenas de 5º de primaria fixeron a obra "The farm" en inglés.
En 6º de primaria a obra elexida foi "O casamento do piollo e a pulga" e para rematar cantaron unha canción en inglés sobre os amigos.
Despedimos aos nenos e nenas de 6º de primaria que inician unha nova etapa no instituto.
Boa sorte a Aldán, Mara, Brais, Nelphy, Miguel, Noa, Carla, Adrián, Andrea, Yessica, Diana, Eric, Estefanía, Jorge, Óscar, Nerea, Álvaro, Claudia, Carme e Lucas.
Despedimos aos nenos e nenas de 6º de primaria que inician unha nova etapa no instituto.
Boa sorte a Aldán, Mara, Brais, Nelphy, Miguel, Noa, Carla, Adrián, Andrea, Yessica, Diana, Eric, Estefanía, Jorge, Óscar, Nerea, Álvaro, Claudia, Carme e Lucas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




