26/6/14

ÁRBORE DE OUTONO


Arbol de outono - Movie Maker
 Na aula de 3 anos estamos a traballar no proxecto "Sustentabilidade e paisaxe" dentro do programa Proxecta.
Despois de observar a nosa paisaxe os nenos e nenas representaron unha árbore na época do outono. 
Gustoulles moito ver que son capaces de acercarse á natureza e darse conta de como cambian as árbores nas diferentes estacións.

20/6/14

REMATAMOS O CURSO NO "RESTAURANTE FARRUCO"

Para rematar o curso e o monográfico sobre a alimentación, os nenos e nenas de 6º "invitáronnos" a comer no Restaurante Farruco, unha obra de teatro de Chus Pereiro. O restaurante resultou un pouco "raro" pero moi divertido.
Os decorados foron obra de Ana Corujo, antiga alumna do centro e estudante de Bellas Artes.
Os nenos e nenas de 4 anos deleitáronnos cun conto "Os tres osiños" e como postre os nenos e nenas de 5 anos recitaron unha poesía sobre un "Cociñeiro moi despistado".
Se é que en ningún sitio se come mellor que en Galicia!
BOAS VACACIÓNS!

18/6/14

VISITA DE ALUMNOS E PROFESORES DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Recibimos a visita de profesores e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro da sección de vento- metal, vento-madeira (clarinete) e gaitas . Explicaron aos nenos e nenas os distintos instrumentos (tuba, clarinete, trompeta, trompa,bombardino, trombón e gaita) e deleitáronnos tocando varias pezas musicais, algunhas coñecidas como "La pantera rosa" ou "Misión imposible". Tivemos a sorpresa de oir tocar a Ana López de 4º de primaria unha pequena peza  composta por ela para clarinete.Remataron cunha rumba tocada coa gaita acompañada polo tambor.

ETIQUETAS DAS TENDAS (PANADERÍA)

A panadería de Muras xa ten expostas as etiquetas que fixeron os nenos e nenas de 4º de primaria. A que apetece un currusquiño de pan?

ETIQUETAS DAS TENDAS (FROITERÍA)

Na froitería de Manolo temos as etiquetas que fixeron os nenos e nenas de 3º de primaria. Unhas etiquetas moi coloridas.

17/6/14

ETIQUETAS DAS TENDAS (A CARNICERÍA)


etiquetas tendas-carniceria - Movie Maker

Os nenos e nenas de 6º de primaria fixeron as etiquetas para a carnicería de Luis.
Debuxaron e pintaron estas etiquetas tan bonitas coas partes dos animais que consumimos diariamente.

ETIQUETAS DAS TENDAS (A PEIXERÍA)


etiquetas tendas-peixería - Movie Maker

Seguimos co proxecto monográfico sobre a alimentación e esta actividade está directamente relacionada cos alimentos que mercamos diariamente.
Decidimos elaborar etiquetas cos nomes dos alimentos e poñelos nas tendas da zona, que colaboraron con nós.
O lema das etiquetas é "Comemos san, comemos galego"
Neste caso foron os nenos e nenas de 5º de primaria os que fixeron estas divertidas e alegres etiquetas cos debuxos e os nomes dos peixes e mariscos para a peixería de Choco en Covas.