2/11/19

HALLOWEEN

Para celebrar Halloween decidimos habilitar unha "Habitación Terrorífica" con probas de habilidade para desenmeigar aos nenos/as e profesorado do colexio.
As diferentes probas consistían en: pasar polo túnel do terror, atopar cabazas, lanzar cabazas, atopar bechos, poñer os nomes das partes do corpo ao esqueleto, bailar o baile de Halloween e, con todos os ingredientes facer a pócema para desenfeitizar ao cole. Despois tiñan que ir a un cofre do tesouro onde os esperaba... a cabeza de Daniel, o auxiliar de conversa.
Todo moi tétrico que disfrutaron os nenos e nenas en equipos verticais e como monitores actuou o alumnado de 6º curso de primaria.







SAMAÍN-HALLOWEEN


samain19

Celebramos o Samaín-Halloween cunha exposición de cabazas que trouxeron decoradas os nenos e nenas do colexio.
Estas cabazas serviron para decorar os corredores e a entrada do colexio o día de Samaín-Halloween para recibir ao alumnado. Previamente en cada unha púxose unha candea ou vela para facer o recibimento máis "tétrico".


27/10/19

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celebramos o DIA DA BIBLIOTECA. Este ano tivemos unha actuación moi moi especial.
Os nenos e nenas de 5 anos escenificaron a canción "UNHA VELLA TIÑA UN CAN" (Conto tradicional galego adaptado por Xosé Ramón Mariño Ferro).
A escena saíron unha morea de animais: porcos, burros, gatos, paxaros... e ata un lobo. Non podía faltar unha avoa (bueno neste caso había dúas).
Foi todo un espectáculo e o público pasouno de marabilla.
Noraboa a estes pequenos actores e actrices!






Ademais todos os nenos/as, profesorado e personal non docente foron agasallados cun marcapáxinas que levaba un debuxo referido ao proxecto deste curso "COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA".





Unha vella tiña un can, 6° de Ed. Infantil. Día das Bibliotecas 2019. CEIP PLURILINGÜE DE COVAS from soco on Vimeo.

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA(I)


formacion usuarios

Na biblioteca estamos a realizar actividades de FORMACIÓN DE USUARIOS para o alumnado do centro.
Estas actividades teñen como obxectivo que os nenos e nenas sexan capaces de  desenvolverse de forma autónoma dentro da biblioteca escolar, coñecemento das distintas zonas, emprego do LIBROCALIZADOR ,  normas da biblioteca, uso dos diferentes espazos...
Na presentación vemos ao alumnado de primeiro de educación primaria disfrutando dos espazos que brinda a biblioteca: zona de lectura informal, zona de primeiros lectores, espazo maker...

18/10/19

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN EN MARCHA



Xa saíron as Mochilas Viaxeiras deste curso. Son 5 mochilas cheíñas de libros de temáticas diferentes que levaron para as súas casas Martiño, Daniel, Raúl, Teo,Mateo e Antía. Os nenos e nenas poderán ler libros en galego, en castelán e en inglés; de poesía, banda deseñada,  informativos e de investigación, ademais dun CD de cancións/poesía, o xornal escolar "O Charlatán de Covas" e, este ano, engadimos dous libros relacionados co proxecto documental que desenvolveremos na biblioteca co título
 "COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA".


MOCHILAS VIAXEIRAS - Created with Haiku Deck, presentation software that inspires

14/10/19

DÍA DAS ESCRITORAS


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.


Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.


 
 
Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle
"Na comunide druídica achou a nena a vida que desexaba […] destacou pola súa intelixencia e sagacidade e polo seu amor e dedicación ao estudo".

A Asesoría de Bibliotecas Escolares anima a que toda a comunidade educativa colabore na ampliación desta lista, e con este fin lánzase unha proposta en Twitter: lembrar a todas as escritoras galegas que traballen estas temáticas nas súas obras. Para iso usaranse os cancelos #DíadasEscritorasgalegas #DíadelasEscritoras e #bescolaresgal para darlles visibilidade.

 
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

9/10/19

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA AO NOVO PROFESORADO DO COLEXIO

As novas mestras do colexio están a recibir formación de usuarios para empregar o autoempréstito na pantalla táctil, unha nova adquisición para o centro. Ao longo do trimestre tamén recibirán formación en Meiga.