13/11/20

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

      O día 11 de novembro celebramos o Magosto. O alumnado elaborou, con material de refugallo, recipientes para as castañas e trouxo unha presa delas. Asáronnolas na panadería de Covas e  as degustamos  todos no patio.

                 Que boas estaban!😋😋

  Na área de Música prepararon a canción  Vive o Magosto.                  

                        Moito bailamos!

   E como Polo San Martiño, peóns ao camiño na área de Educación Física durante toda a semana xogaron e desfrutaron  de xogos populares: corda, goma,  peón, mariola, boliche ... e dunha exposición de peóns decorados.

Preme na imaxe das castañas para ver o video!


4/11/20

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA RECOMENDAN...

 Mortiña é o libro que recomendan os nenos e nenas de 4º de primaria.

E fixérono desta maneira tan simpática.

 Sara disfrazada de Mortiña,  a nena zombi e o seu can (que debuxou Nerea).

 

 

 

Todos participaron nesta iniciativa de dar a coñecer os fondos da nosa biblioteca e fomentar o gusto pola lectura.
 

Preme na imaxe para ver o video



31/10/20

O SAMAÍN E HALLOWEEN NO COLE

 O venres celebramos o Samaín-Halloween. A pesar da pandemia todos necesitábamos pasar un ratiño de diversión e disfrazarnos que é o que máis nos gusta.

Decoramos o cole e o patio e o alumnado e profesorado do cole viñemos disfrazados de bruxos e bruxas.

No patio en grupos burbulla e mantendo as distancias entre grupos queimamos os medos que previamente escribimos nunha cartulina coa silueta dun personaxe de medo (pantasmas, esqueletos, morcegos...).

Despois bailamos cancións en inglés e en galego. 

Foi unha festa TERRORÍFICA!!!

25/10/20

A VISITA DE LOLO O DÍA DA BIBLIOTECA

Lolo, a nosa mascota visitou as clases de Infantil e Primaria para celebrar o Día da Biblioteca. Foi toda unha sorpresa para os nenos e nenas que miraban con asombro á mascota sobre todo os pequeniños de 3 anos.
 Lolo agasallounos cun libro para a Hora da ler e marcapáxinas para cada nen@.
 Levaba unha bonita máscara de lunares cumplindo as normas sanitarias.