16/11/21

PATRULLA VERDE!!!

Xa temos en funcionamento as Patrullas Verdes das aulas. Entre os seus cometidos están velar pola clasificación do lixo por colectores, o seu transporte aos colectors do patio e a concienciación do grupo clase da necesidade de reducir o lixo xerado diariamente incidindo na reutilización de envases, entre outras medidas.

Bo traballo!!!!!


 


       



  


 

Biblio Creativa!!!!!

Pois estamos de NORABOA!!!!! 👏👏👏👏👏👏👏

A Bibliocovas foi seleccionada como centro de nova incorporación ao proxecto BIBLIOTECA CREATIVA!!!!! 

Que ilusión máis grande nos fai!!!! 😍😍😍😍😍

SEGUIMOS SUMANDO 💪💪💪💪

Toda a info aquí

15/11/21

"Covasmola" PDI do curso 21-22

Como xa vos contamos no Plan anual de lectura, o Proxecto Documental Integrado que o CEIP Plurilingue de  Covas inicia este curso chámase "Covasmola".



Para o título xogamos con dúas palabras e sustentámola sobre tres elementos básicos:

Covas + mola contén, ademais do nome do cole e da nosa educación unha palabra "molona" que, ao mesturalas proporciónannos:

  • o s de sustentabilidade (covasmola)
  • o mo de mobilidade (covasmola)
  • e o la, dado a volta al, de alimentación saudable (covasmola)

A que vos gusta o noso logo!!!!!!

Fíxono unha mamá molona da nosa comunidade educativa e xa o temos pendurado da fachada do cole.

 

E xa sabedes, si queredes saber máis, consultade o noso plan anual de lectura que temos publicado neste blogue .


       



  




11/11/21

Desfilan a Santa Compaña polo CEIP Plurilíngüe de Covas. Que MEDO!!!!!

 

Como o prometimos o Día das Bibliotecas aquí vos deixamos unha mostra das nosas Santas Compaña desfilando polo cole.

Para a ocasión cada aula escribiu a súa propia plegaria e interpretamos a canción de Ruxe Ruxe "Non temos medo".

   

"O espazo"

 "O espazo" é o proxecto que en Educación Infantil elixiron para festexar o mes da ciencia en galego. Traballaron a teoría do Big Bang e fixeron a súa representación plástica. Mirade mirade ....



Quixeron tamén que o espazo lles dera a benvida todos os días no corredor.


O noso cohete "Covasmola" foi o encargado de guiar a viaxe por todos estas novas aprendizaxes.



E sempre presentes e moi necesarios os libros e xogos que nos axudan a aprender tantas cousiñas interesantes sobre o espazo.




5/11/21

Despega o mes da Ciencia en galego!!!!!

O mes de novembro é o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas e a bibliocovas non ía ser menos. Así que ... subimos ao cohete e despegamos a unha nova aventura!!!!!

29/10/21

Arinca o SAMAÍN!!!!

 Arrinca a celebración do Samaín no CEIP Plurilingüe de Covas !!!!

A Santa Compaña chega ao noso cole. QUE MEDO!!!!!!!!