18/2/22

ELECCIÓNS en 3º de EP!!!!

Na aula de 3º de EP estiveron traballando que é un Concello, quenes o compoñen, cal é o seu cometido. Pero este grupo decidiu traballalo maís de preto así postuláronse varios candidatos, elaboraron un programa electoral e fixeron unhas eleccións para elexir alcalde ou alcaldesa na que, no día de hoxe votamos.

Así apréndense moito mellor!!!!!!

Aquí vos queda as presentacións das candidaturas e por último o resultado final.




Resumo do Día das Eleccións:



   


 

Ponte nas Ondas!!!

Arrinca a formación para os nenos de 6º de Educación Primaria da man de Ponte nas Ondas. En breve toda a info no noso blogue de Radiocovas 👋👋👋👋👋👋👋






       

11/2/22

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Estas son as suxestións que nos seleccionou o noso Lolo para traballar este Día tan especial na Bibliocovas. 

Agardamos que os disfrutedes tanto coma nós 😍😍😍😍😍😍




       



  



3/2/22

Obradoiro de Narración oral

Este martes tivemos un Obradoiro de Narración Oral impartido por Carmen Conde para os nenos e nenas e primeiro e segundo de primaria.

Nel aprendimos a crear unha historia e a empregar o noso maxín!!!!



 



       



  



27/1/22

Rematamos as "Lecturas para a Paz e a non violencia"

Rematamos as Lecturas para a Paz e a non violencia programadas na Bibliocovas dentro da semana dedicada a Lectura e familias!!!!!

Os contos representados nesta ocasión foron "O paraugas de cebra", por Xulio, Iago e a súa nai Lara e "Bágoas debaixo da cama", por Jairo e a súa nai Fátima 👏👏👏👏👏👏

Que ben o pasamos!!! Encantounos!!!!!😍😍😍😍😍😍😍




Agardamos inqued@s pola próxima edición de Lectura e Familias. A experiencia foi marabillosa!!!

Infinitas grazas familias por ser tan especiais 😘😘😘😘😘😘😘



      

26/1/22

Lectura e familias, "Lecturas para a Paz e a non violencia", segunda sesión!!!

Onte tivemos a segunda sesión de "Lecturas para a Paz  a non violencia" dentro do programa Lectura e familias 😍😍😍😍😍😍

Como no s gusta este programa despois de tanto tempo sin poder disfrutar de todos os ,membros da comunidade educativa. Botábamolos de menos!!!!

Deixámosvos con Teo e a súa nai Alba contándonos "O Acuario" e con María, Xacobo e Familia con "A cousa que máis doe no  mundo".

Bravo por estas Familias Lectoras!!!!!!!! 👏👏👏👏👏👏👏




Lembrade que hoxe é a última sesión das "Lecturas para a Paz e a non violencia". Si queres vir reserva xa a túa localidade. 😃😃😃😃



       


25/1/22

Lectura e Familias: Edu, Jaime e Familia!!!

Por fin chegou o día e inauguramos o programa Lectura e Familias na Bibliocovas 👋👋👋👋👋👋👋👋

Tiñamos unha ilusión enorme posta nesta experiencia e estamos encantados có resultado 😍😍😍😍

Como sabedes, a temática deste mes é "Lecturas para a paz e a non violencia" e Edu, Jaime e a súa familia viñeron a contarnos "A boneca de Lucas". Aquí vos deixamos o vídeo para que poidades disfrutar desta marabillosa historia @s que non puidéchedes asistir.

Infinitas grazas familia, sodes xeniais 😘😘😘😘

 


Aínda estades a tempo para reservar a vosa localidade para os contos de hoxe e mañá. Esperámosvos!!!!!

Ahhh!!!!, non nos esquecemos das ovelliñas que non puideron estar onte con nós. Contamos con vós para a próxima 😉