19/5/22

LECTURA E FAMILIAS DE MAIO

Seguimos con este estupendo programa que tanto disfrutamos, Lectura e Familias. 

E que imos a facer en esta ocasión?

Pois imos crear un desfile de moda de libros da man de Soledad Felloza!!!!!!! 💓💓💓💓💓

Apúntate xa!!!!!!

982-870848



       


       




  



PATRULLA DA MOBILIDADE!!!!

Este é o noso cole calquera día. Sempre coches aparcados de calquera xeito: en zona amarela, en zonas reservadas para discapacitados, en zonas reservadas para mestres, en dobre fila, enriba da rotonda....




Despois da entrevista coa alcaldesa e contar coa colaboración da Policía Local, quixemos poñer a funcionar a Patrulla da Mobilidade para concienciar sobre a seguridade vial.





Aos vehículos que infrinxen fixémoslles unhas "multas informativas" para lembrarlles o perigo que leva consigo estas infraccións con nenos/as arredor.




       
 


 

 


16/5/22

Podcast Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán

Pora conmemorar as Letras Galegas desde a Radio Covas achégannos tres podcast de Florencio Delgado Gurriarán cós que concurriron ao concurso de Podcast convocado por Bibliotecas Escolares de Galicia.

O primerio podcast é unha entrevista a Lucía Gómez Álvarez, autora de "Un legado infindo", libro con pictogramas sobre a vida e obra do homenaxeado. Na bibliocovas temos especial sensibilidade coa biblio inclusiva polo que nos pareceu do máis interesante facer esta entrevista.

Preme na imaxe para escoitalo...


Os outros podcast son sobre a súa vida e sobre a súa obra.
Preme aquí tamén...


VIDA                    OBRA


style="text-align: center;">










 

13/5/22

A patrulla da mobilidade entrevístase coa Alcaldesa e o Xefe da Policía Local

Hoxe tivemos a visita de María Loureiro, Alcaldesa de Viveiro e Senén Picos, Xefe da Policía Local. 

Unha representación da nosa Patrulla da Mobilidade estudiou a problemática do noso cole perante o tráfico. Acumúlanse coches na porta e estamos nunha rúa sin saída o que leva consigo un grande perigo para a seguridade do noso alumnado e un grave probema en caso de evacuación, xa que sería totalmente imposible acceder ao centro por parte dos sevicios de emerxencias.

O aumnado elaborou unha entrevista e rematou a reunión cun compromiso de colaboración por parte das autoridades.

Estamos Felices!!!!!!




       



 

11/5/22

"Non é unha caixa" Microrrede da Mariña

Onte foi a quenda da Bibliocovas dentro da Exposición "A voltas coas palabras" da Microrrede Plambe da Mariña.

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria representaron "Non é unha caixa" , unha historia que nos amosa que o xoguete máis importante é a imaxinación.

Fixérono xenial!!!!!!

Aquí vos deixamos o vídeo para que o disfrutedes....


 

29/4/22

Tecendo Camiños. Microrrede da Mariña 2022

"Tecendo Camiños", un collage 3D, é a nosa aportación á exposición da Microrrede da Mariña que este ano leva por título " A voltas coas palabras".




En que consiste o noso cadro?
Seguindo os dictames do noso PDI "Covasmola", que como xa sabedes, se sustenta en tres parámetros: a alimentación saudable, a sustentabiblidade e a mobilidade, con esta obra quixemos traballar a mobilidade 💪💪💪

Os tempos van cambiando e non todo o novo é o positivo 

Os nosos avós e avoas ían a traballar , ao cole, ás festas, ..., e xogaban ao aire libre. Todos estes costumes son respectuosas coa nosa contorna e moi positivos para a nosa saúde, tanto física como mental 👴👵😍

Con este cadro quixemos deixar testemuña das vivencias dos nosos avós e avoas que deberíamos manter neste presente tan tecnolóxico e sedentario, onde as pantallas lle gañan espazo ao lecer en contacto coa natureza e os coches gañan protagonismo nos desprazamentos, por moi curtos que sexan.

Para Tecer o Camiño da nosa vida precisamos manter aquilo que nos axuda a estar máis sans e a manter san tamén o noso planeta💓💓💓💓