16/2/23

Botóns Covasmola. Alpuxarrada 2023

Presentámovos a nosa Alpuxarrada 2023 "Botóns Covasmola"!!!!!!

Interpretarémola mañá no parque Pernas Peón despois do desfile.

Bótadelle un olliño e mañá cantade con nós!!!!!!






       

15/2/23

Xogos sensoriais Montessori!!!!!

Unha das áreas que máis nos gustan do método Montessori é a vida Práctica. Nela os nenos desenvolven habilidades que poderán aplicar na vida real, mentras que, exercitan a sua capacidade motora e sensorial. Un dos exemplos son as actividades de trasvase en seco. 

Os exercicios iniciais enfócanse na transferencia de elementos dun contenedor a outro, incentivando a coordinación viso-motora, a rotación da man e a concentración.



Na seguinte actividade os nen@s teñen que colocar cada punto na cor que lle corresponde. A través dela, desenvolven o pensamento lóxico ao clasificar e ordenar. Favorece o xogo simbólico e a imaxinación á vez que traballan a motricidade fina a través da manipulación.








Día Internacional contra o Cancro Infantil

Hoxe celebramos o DíaInternacional contra o Cancro Infantil e viñemos ao cole cun pano na cabeza para dar visibilidade aos nen@s que se teñen que enfrontar a esta enfermidade.

Colaboramos coa Fundación Aladina decorando o noso propio pano para levar para a casa e que as familias poidan tamén contribuír a esta causa.






       

11/2/23

Día da muller e da nena na ciencia

O contexto humanístico e o contexto científico estiveron traballando esta festividade con propostas moi interesantes O noso alumnado de 3º e 4º creou unha brúxula que lles permitiu orientarse polo colexio puidendo observar como sempre marcaba o norte magnético.
Primeiro cortaron o corcho nunha lámina duns 12 milímetros de grosor, despois frotaron a punta dunha agulla cun imán sempre no mesmo sentido unhas 50 ou 60 veces para que a agulla se imantase. A continuación, pegaron a agulla con cinta adhesiva ao trozo de corcho. Encheron o recipiente de auga e depositaron o corcho coa agulla para que flotase. Puideron ver como a auga xiraba ata apuntar ao norte magnético da Terra.
No contexto científico intentamos coñecer de primeira man o importante que son as ciencias, a súa utilidade, e o divertidas que poden chegar a ser. E agora máis que nunca achegala ás nenas, xa que aínda existe a creenza de que as ciencias son máis para homes que para mulleres... Nestas fotografías podemos ver as ganas de aprender, de experimentar, investigar... que teñen todos os nenos e nenas dende pequenos. Que non hai que esconderse detrais de estereotipos sexistas.
O que están a facer é unha disección dun fígado de polo para comparalo co dun humano. Mentres tanto os outros grupos fan unha presentación e exposición sobre un sistema do corpo humano, e un cuarto que se convirten en doutores e doutoras por un día.

       

2/2/23

O Principiño no contexto humanístico!!!!

No contexto humanístico chegou a quenda da xeografía!!!! 👏👏👏👏👏👏

Pero... que é un xeógrafo?🧐🗺️

Para profundizar no coñecemento desta profesión tan apaixoante tivemos unha axuda de alturas!!!!! 

O Principiño 😍😍😍😍😍😍




30/1/23

Día da Paz Covasmola 2.0. Tai chi!!!

Celebramos o Día da Paz e a non violencia seguindo os dictames do PDI Covasmola 2.0.

Traballamos en concreto a saúde mental e o equilibrio emocinal a través dunha práctica ancestral, o Tai Chi.



27/1/23

Educación sexual. Covasmola 2.0

No día de onte o alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a un obradoiro de Educación Sexual có Doutor Miguel Piñán. A educación sexual, xunto coa educación social e a saúde mental son as novas liñas de traballo que o PDI Covasmola 2.0 suma á nosa idade de centro.

Grazas por facelo tan divertido. Aprendimos un montón!!!!!😍😍😍😍😍😍