31/1/25

Recanto de robótica

Esta semana, no recanto de robótica, os nen@s traballaron e deixaron votar a súa imaxinación coas pezas Kapla e as pezas korbo. Por outra banda traballaron na pizarra interactiva coñecendo e emparellando diferentes símbolos da paz. Como última actividade, nas mesas de luz realizaron a silueta  dunhas mans entrelazadas  e con Tale- bot diseñaron un percorrido ata crear a eles.






















30/1/25

Tubos literarios: "A canción do cambio"

Polo Día da paz na aula de 4 anos traballamos o poder da música, a esperanza, a solidaridade e a amizade. Todas elas poden mudar o noso mundo para que sexa mellor.





Lirio Branco polo Día da Paz

Polo Día da Paz e a non Violencia na escola, o noso Lolo e as súas colaboradoras encheron o cole de Lirios Brancos. Preme na imaxe para ver o seu traballo informativo sobre esta flor 😍😍😍😍😍😍

PREME AQUÍ




As colaboradoras fixeron tamén unha selección de lecturas pola Paz e leváronas as diferentes aulas para disfrutar do día na mellor das compañas, un libro e os amigos e amigas. 








Este é o resultado da proposta manipulativa da presentación do Lirio Branco. Que centros máis molóns!!!!









24/1/25

Recantos divertidos

Aos recantos de infantil chegou un tren. Con el traballouse a asociación número- cor-cantidade e iniciáronse na programación.

Tiñan que coller tantos bloques como número e cor indicaba o dado que tiraban. Ademáis, tiñan que colocar a peza axeitada para que o tren parase no lugar correspondente.




Coas formas e discos traslúcidos, deseñaron pezas do seu gusto (casas, peixes, formas xeométricas partindo de outras máis pequenas…).


Coa caixa de luz traballaron o teatro de sombras. Crearon unha historia establecendo diálogos entre os personaxes.



Por último, cos robots, traballaron o panel do inverno. Obxectivo era vestir a dous bonecos. Para acadalo, tiñan que moverse polo panel ata chegar a unha prenda de roupa típica do inverno. Ao chegar a ela dicían o seu nome, collíana e colocábanlla ao boneco.