11/2/26

Voz natura: Axudamos ao noso planeta

O planeta Terra escribiu unha carta aos nenos e nenas do noso centro pedindo axuda porque se sentía moi enferma. Debatimos na clase sobre que podíamos facer para axudala e cada un escribiulle unha carta coas accións que ía levar a cabo.

En Infantil e primeiro coloreamos debuxos sobre o coidado do planeta.

No segundo e terceiro ciclo escribiron cartas ao planeta Terra contándolle que medidas poden tomar para axudar ao planeta Terra.











10/2/26

Ola MARIÑA!!!!! 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe é un día moi especial!!!!

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Pois é o momento de que se presente a nosa científica, a nosa nena da ciencia, o noso ser Covsmola todo curiosidade e competencia!!!! 

FELIZ DÍA MARIÑA!!!!!






                             



1/2/26

Exploradores do inverno

 RECANTO DE EXPLORADORES

A pasada semana os nosos pequen@s deleitáronse con catro actividades:

- na mesa tuff realizaron unha mandala de inverno con forma de folerpa grande con diverso material; pompóns, bastonciños, depresores, folerpas de neve de diferentes tamaños e cores, limpapipas, plumas, animais polares....

- puxeron luvas para botar arroz azul e branco en diferentes recipientes axudándose dunhas pequeñas pás de madeira.

- empregaron lupas e pás imantadas para clasificar unhas folerpas de neve pequeñiñas.

- a última actividade desde recanto está semana foi de clasificar uns pompóns nos recipientes correspondientes....pero estés recipientes tiñannos atados nas mans.

Estas actividades fomentaron  o traballo en pequeno grupo, a creatividade, a clasificación, a lateralidades, e a concentración e coordinación óculo-manual.

Disfrutaron como verdadeir@s exploradores.










                             

30/1/26

A pomba dona paz

O día 30 de xaneiro celebrase o día escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi,unha data que contribuiu nos centros educativos de xeito moi especial a difusión da Educación para a Paz.

A Pomba Dona Paz é un relato concebido para que os nen@s máis novios participen tamen dos valores da construción  pacífica da sociedades e da cidadania democrática.

Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade




                             

29/1/26

Recanto sensorial

 A  pasada semana, no recanto sensorial, os nenos e nenas de educación infantil disfrutaron coas seguintes actividades;

1- realización de diversos trazos con diferentes pelotas para traballar a psicomotricidade fina.

2- inseraron bastonciños de cores nas siluetas de folerpas de neve.

3- cos diferentes pingüíns, realizaron os trazos dos números na fariña.

4- traballaron o equilibrio nunhas cintas para transportar con diferentes elementos os pompóns e os cubiños de xeo.










                             



26/1/26

O inverno: bonecos de neve

Na aula de 6° de Educación infantil damos a benvida ao inverno coa creación destes bonecos de neve cos rotuladores fluorescentes que tanto lles gusta. 

Así de fermosos quedaron!!!!




19/1/26

Obradoiro de disfraces. Entroido 2026

O pasado venres comezamos os obradoiros de elaboración de disfraces para o Entroido 2025.

Sacamos os patróns e a mellor das ilusións e inauguramos a actividade de centro deste segundo trimestre, dentro do PDI "Seres Covasmola". 

Sen dúbida a actividade máis agardada polo alumnado 🪡 🧵 ✂️