Arte matemático
Este é o cuarto ano que celebramos no colexio o "Día da Arte Galega na Escola" homenaxeando a Luis Seoane na data do seu nacemento.
Como o proxecto da biblioteca deste curso era sobre as Matemáticas "A biblioteca está chea de números", decidimos utilizar liñas, figuras xeométricas, números... e diferentes técnicas e materiais para crear traballos "matemáticos". Témperas, papeis de cores, ceras, tapóns... foron algúns dos materiais empregados e as técnicas variaron dende o collage ata a pintura con témperas, pasando polas ilusións ópticas e versións libres de traballos de Mondrian ou Kandinsky. Todos os nenos/as fixeron auténticas "obras de arte".
No hay comentarios:
Publicar un comentario