A historia está baseada na lenda de "A cova da doncela" de Covas que sufreu un feitizo por parte dunha bruxa, e a raíz desta lenda os nenos e nenas tiveron que superar probas, resolver unha serie de enigmas e atopar un sobre para desenfeitizar á doncela.
Houbo diferentes probas de habilidade (resolver un crebacabezas, tirar arañas en vasos, buscar unha chave nunha caixa chea de bolas...), de coñecementos matemáticos e do corpo humano, empregaron os Escornabots, buscaron un libro na biblioteca, responderon a preguntas a partir dunha canción, buscaron en internet...
Participaron todos os nenos e nenas do colexio, aínda que algúns dos máis pequeniños non quixeron porque lles daba medo.
Os alumnos/as de 6º actuaron de monitores e bailaron, actuaron... para dar ambientación á actividade.
Agradecemos a participación de Madison e Lorena que fixeron moi ben os seus respectivos papeis de bruxa e doncela.
Halloween- Escape Room from María Rolle on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario