18/3/20

NA CASA... CUN LIBRO!

OLA A TOD@S!

Son Lolo, a mascota de Bibliocovas:

Estes días que temos que estar na casa, dispoñemos de moito tempo para todo: xogos de mesa, televisión, móbil, tablet, ordenador, videoxogos... e tamén as tarefas do cole.
Con tanto tempo non esquezas a lectura dun libro.
Seguro que tes libros na casa que aínda non liches, pois é un bo momento para botarlles unha ollada... seguro que descubres cousas novas.

Non importa que tipo de libros, escolle:
-libros informativos sobre natureza, animais, lendas, historia...
-comics
-libros de poesía
- libros con CD
-e  moitos máis...

Pídelle a papá/mamá/irmán/irmá... que che lea se non sabes ler.

E si escribides unha pequena obra de teatro e representádela todos xuntos?

Podedes facer un concurso de poesía.

O ler libros de papá ou mamá cando eran pequen@s.





Vémonos axiña!

Lolo


No hay comentarios: