19/2/21

ENTROIDO

 Este ano o Entroido está relacionado coas PROFESIÓNS DO CONFINAMENTO, unha maneira de homenaxear aos profesionais que estiveron en primeira liña durante os duros meses de pandemia.

Realizamos obradoiros para a elaboración dos disfraces con cada aula.

Educación Infantil foron de SERVIZOS SANITARIOS (médic@s, enfermeir@s,
celador@s e persoal dos hospitais)

Primeiro e segundo de E. Primaria foron disfrazados de CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE (policías, bombeiros, guardia civil...)

Terceiro e cuarto de E. Primaria estiveron CONFINADOS (a maioría levaban pixamas e camisóns)

Os cursos de quinto e sexto de E. Primaria adicaron os seus disfraces ao SERVIZO DE TRANSPORTE

O profesorado homenaxeou ao personal das TENDAS E SUPERMERCADOS.

A nosa conserxe ia de RASTREADORA.

Despois do desfile cantamos as ALPUXARRADAS e bailamos ao ritmo da música. Os nenos e nenas trouxeron para a hora da merenda dulces típicos destas datas (Orellas, rosquiñas, filloas... que degustaron no patio).




VIDEO 1

VIDEO 2

VIDEO 3

No hay comentarios: