20/5/21

MICRORREDE DA MARIÑA (PROXECTO "AS RECEITAS DE LOLO")

O CEIP Plurilingüe de Covas traballou durante todo o curso no PDI  "Coidamos de nós e do noso planeta. Hábitos de vida saudable e sostible" co obxectivo de fomentar no alumnado e en toda a comunidade educativa un estilo de vida saudable e o coidado do medio ambiente.

Para a Microrrede quixemos que fora Lolo, a mascota da biblioteca, o encargado de pedir a colaboración das familias do centro para elaborar un LIBRO DE RECEITAS DE LOLO en formato físico, que quedará na biblioteca do centro.

Ademais as familias enviaron vídeos curtos elaborando as receitas coa axuda dos nenos e nenas.

 

PREME NA IMAXE DE LOLO PARA VER O VíDEO 

 

 PREME NA IMAXE E VERÁS O VÍDEO DO LIBRO DE RECEITAS

 Neste proxecto multidisciplinar implementamos actividades de coidado do corpo a través da Educación física tanto no cole como na casa; e a alimentación (centrámonos sobre todo na comida dos recreos). Parte do profesorado asistimos a un PFPP sobre "Hábitos saudables" recollendo moita información sobre a alimentación saudable, sostible,  a loita contra o cambio climático e implementala no centro (este ano é o Ano Internacional das Froitas e Verduras).

En Educación Física traballouse no proxecto nacional "El camino de piEFcitos" con actividades sobre a importancia do exercicio físico. 

 

 PREME NA IMAXE PARA IR AO BLOG

Para as Letra Galegas traballamos os PRATOS TÍPICOS de diferentes zonas de Galicia. Cada aula investigou sobre unha receita popular elaborando unha recreación plástica con ela.

A mesa quedou así de apetitosa...

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

En resumen conxuntamos o fomento dun estilo de vida saudable coa actividade física, a alimentación saudable e sostible reducindo o impacto medioambiental.


 

No hay comentarios: