4/5/23

DÍa da Educación Física Na Rúa

Onte, os nosos nenos e nenas de 6º de Primaria, desprazáronse ata San Cibrao para celebrar o Día da Educación Física na Rúa.

Estivo organizado polo Seminario de Educación Física da Mariña con 13 centros participantes e uns 400 escolares.

A xornada estivo dedicada aos “Street games”. Estiveron montadas un total de 9 estacións e en cada unha delas o alumnado viviu a experiencia de practicar un deporte de rúa: fútbol-praia, break dance, combas, fútbol free-style, básket 3x3, chase tag, skate, parkour e slack-line con balance board.









No hay comentarios: