2/5/24

24, Rúa da Microrrede. Microrrede PLAMBE da Mariña 2024

Chegou o mes de maio e con el o encontro anual dos centros da Microrrede da Mariña. Este curso a Asesoría de Bibliotecas centrouse na Banda Deseñada polo que, desde a Microrrede acordouse homenaxear a Ibáñez e crear o noso propio vecindario entre todos os centros. 

Podedes visitar a exposición desde o 7 ao 10 de maio no Salón Multiusos de Concello de Viveiro!!!!

Pero a exposición non ven soa, conta con actuacións e incluso con talleres de Banda Deseñada para todos aqueles alumnos e alumnas que disfruten creando e debuxando as súas propias historias.

Consultade as datas e horarios no cartaz e apuntádevos chamando ao noso cole 982-870948. Lembrade que o lugar de realización é o Multiusos do Concello.

Aquí vos queda toda a info para máis detalle.

ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!













No hay comentarios: