20/6/15
19/6/15
17/6/15
VII EQUIPO DE COLABORADORAS/ES DA BIBLIOTECA
Despedimos ao VII Equipo de colaboradoras/es da biblioteca do centro.
Grazas pola vosa colaboración e traballo.
Boa sorte!!
7/6/15
ENTREGA DOS PINS DE LOLO
Fixemos entrega dos pins de Lolo a todos os nenos e nenas que acertaron os enigmas que Lolo puxo nas clases.
4/6/15
DÍA DA ARTE GALEGA
Arte matemático
Este é o cuarto ano que celebramos no colexio o "Día da Arte Galega na Escola" homenaxeando a Luis Seoane na data do seu nacemento.
Como o proxecto da biblioteca deste curso era sobre as Matemáticas "A biblioteca está chea de números", decidimos utilizar liñas, figuras xeométricas, números... e diferentes técnicas e materiais para crear traballos "matemáticos". Témperas, papeis de cores, ceras, tapóns... foron algúns dos materiais empregados e as técnicas variaron dende o collage ata a pintura con témperas, pasando polas ilusións ópticas e versións libres de traballos de Mondrian ou Kandinsky. Todos os nenos/as fixeron auténticas "obras de arte".
24/5/15
16/5/15
SAIU O XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS"
Xa temos o último número do xornal do colexio "O CHARLATÁN DE COVAS". Este ano está adicado a Xosé Fernando Figueira Valverde e ás Matemáticas como tema monográfico da biblioteca.
Podemos atopar os traballos dos nenos e nenas que fixeron un gran traballo.
Se queres descargalo para imprimir, tan só tes que PREMER EN DOWNLOAD na parte inferior deste documento (paciencia se tarda un pouquiño)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



