O noso centro foi un dos catro centros (un por provincia) seleccionados no programa Voluntariado de lectura-A.
Doce alumnos/as do 3º ciclo de Educación Primaria pasarán unha semana no C.R.D. de A Coruña participando nunhas xornadas de convivencia á que asistirán 50 nenos e nenas de toda Galicia.
O proxecto sobre voluntariado consistía en favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre os alumnos/as e compartir lecturas dentro e fóra do centro escolar, así como colaborar na biblioteca escolar do colexio.
15/5/14
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario