Os alumnos e alumnas de Voluntariado de lectura-A, dos centros
seleccionados para pasar unha semana no Centro Residencial Docente da
Coruña (Culleredo), chegaron a última hora da mañá ás instalacións que
lles servirá de base esta semana para unhas xornadas de convivencia
arredor dos valores relacionados coa solidariedade, o voluntariado e o
traballo colaborativo. Déronlle a benvida o Director Xeral de Centros e
Recursos Humanos (de onde parte esta iniciativa, en colaboración coa
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado), así como a Subdirectora
Xeral de Centros e a Directora do CRD da Coruña. O alumnado, procedente
do CEIP José María Lage (Ortigueira), do CEIP Plurilingüe de Covas
(Viveiro), do CEIP Filomena Dato (Barbadás) e do CEIP Manuel Sieiro
(Crecente) participou, trala comida inicial, dunha tarde adicada aos
xogos cooperativos e a aprender os rudimentos da Lingua de Signos. No
segundo día destas xornadas de convivencia teñen prevista unha visita ás
instalacións da Cruz Vermella, de A Coruña, con participación en
obradoiros diversos, e xa pola tarde, terán oportunidade de presentar
aos seus compañeiros e compañeiras as actividades de Voluntariado de
lectura que levaron a cabo na biblioteca escolar e en actividades de
lectura compartida, dentro ou fóra do centro, polas que foron
seleccionados.
+ INFORMACIÓN
31/5/14
I XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA NO C.R.D. DE CULLEREDO (A CORUÑA)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario